Novas
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
DÍA: 30 de xaneiro de 2019
A unidade móbil 3 de inspección técnica de vehículos agrícolas desplazarase ao Concello de Vilasantar.
LUGAR: Pista detrás do Concello (Vilasantar)
HORARIO: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
Para solicitar cita previa:
Por teléfono 902 309 000
Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
Sábado, 5 de xaneiro de 2019
As 16:30 h. chegada dos REIS MAGOS a casa do Concello. Dende alí acompañarémolos ao local social de Vilasantar para que repartan os agasallos.
E despois, actuación musical de PABLO DÍAZ.
Acabaremos a festa co tradicional chocolate con churros.
ORGANIZA: Concello de Vilasantar
COLABORA: Asociación Cear O Castro de Vilasantar
Novas
PRESENTACIÓN ESTUDO SOCIOECONÓMICO DO GDR
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL
26 de DECEMBRO ata o 4 de XANEIRO
Para todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos no local social de Vilasantar en horario de 10:00 a 14:00 h.
Imprescindible que o grupo sexa de 10 nenos e nenas como mínimo. Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 20 de decembro.
Emprego, Novas
PROXECTO EIXO_ESTRATEXIA INSERCIÓN XOVE_INICIO ITINERARIO FORMATIVO_PROCESO DE INSCRIPCIÓN
IFCD0210 DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB
O prazo de inscrición péchase o próximo VENRES 30 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.
Só se admitirán as inscricións enviadas por MAIL (eixo.pel@dacoruna.gal) por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteñan os datos e documentación sinalada no documento achegado, no que se detalla toda a información relativa ao itinerario que se inicia e ao proceso de inscrición e selección das persoas mozas participantes.
Novas
TALLER de RISOTERAPIA
DÍAS: 3 de decembro no local social de Vilasantar ás 12 horas.
10 de decembro no local social de Présaras ás 12 horas.
Información e inscrición en servizos sociais. (981 778 257)
Organiza: Concello de Vilasantar, Concello de Curtis e CIM.
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE BARBEITO
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que, ao ter xa iniciados os traballos para a elaboración do ACORDO de reestruturación, non será posible a tramitación das solicitudes de cambio de titular presentadas a partires do próximo 15 de decembro de 2018.
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA SAN VICENZO DE CURTIS
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que, ao ter xa iniciados os traballos para a elaboración do ACORDO de reestruturación, non será posible a tramitación das solicitudes de cambio de titular presentadas a partires do próximo 15 de decembro de 2018.
Novas
INAUGURACIÓN OFICIAL OBRADOIRO EMRPEGO «TERRAS DA MONTAÑA II»
Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do Obradoiro «Terras da Montaña II» no que se van a formar 20 alumn@s traballadores durante 9 meses e conta cun equipo directivo e docente doutras 6 persoas.
Neste obradoiro vaise impartir a especialidade formativa «Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería». O Concello de Sobrado é o promotor do obradoiro no que participan alumnos dos Concellos de Sobrado, Curtis e Vilasantar.
Novas
PROXECTO EIXO_ESTRATEXIA INSERCIÓN XOVE_INICIO ITINERARIO FORMATIVO_PROCESO DE INSCRIPCIÓN
AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio)
O prazo de inscrición péchase o próximo MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.
Só se admitirán as inscricións enviadas por MAIL (pel.socorrismo.acuatico@dacoruna.gal) por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteñan os datos e documentación sinalada no documento achegado, no que se detalla toda a información relativa ao itinerario que se inicia e ao proceso de inscrición e selección das persoas mozas participantes.






