Novas
SERVIZO DE RETIRADA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS E VOLUMINOSOS
O Concello de Vilasantar INFORMA que existe o servizo gratuíto de recollida de plásticos agrícolas (procedentes de silos, invernadoiros, hortas). Hay que chamar ao Concello (981 778 169) para que os servizos municipais pasen a recollelos. Os plásticos terán que estar doblados e atados.
O Concello retira voluminosos tres veces ao ano. Para a retirada de residuos voluminosos (colchóns, sofás, mobiliarios, electrodomésticos) haberá que chamar ao Concello (981 778 169) e anotarse. O Concello avisará en que data poderá sacalos ao contenedor máis cercano para que o servizo municipal pase a retiralo.
COMUNÍCASE que está prohibido levar ou deixar calquer tipo de residuo (plásticos agrícolas, neumáticos, madeiras, colchóns, sofás, electrodomésticos, televisións, residuos de construcción-demolición…) no antigo punto de plásticos agrícolas situado en Zanfoga, parroquia de Armental; visto o uso reiterado desta parcela como vertedoiro incontrolado, advírtese de que este Concello ten adoptado medidas para descubrir aos infractores presentes ou futuros. Asímesmo, está prohibido abandonar, depositar, verter ou eliminar calquer tipo de residuo no termo municipal de Vilasantar (pistas, cunetas, marxen dos ríos, parcelas públicas ou privadas, camiños…)
Aos efectos, aplicarase a Ley 22/2011 sobre o abandono de residuos, onde considera infracción grave o abandono, vertido ou eliminación de residuos con multas dende 901 € ata 45.000 €.
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O Concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo” en ATTICA 21 de Villalba
11 de febreiro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
18 de febreiro(Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 6 de febreiro
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
- As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
- As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
- As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Emprego, Novas
AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata 4 de Marzo de 2019.
Axudas para a creación de empresas para actividades non Agrícolas en Zonas Rurais.
Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O día 16 de xaneiro de 2019 publicouse no boletín oficial da provincia a convocatoria das subvencións da Deputación da Coruña para entidades sen ánimo de lucro, tanto para equipamento cultural como para actividades culturais, para o ano 2019.
O prazo para solicitalas acaba o día 15-02-2019.
Igual que para os anos anteriores é imprecindible presentar as solicitudes en formato electrónico, que como xa fomos informando ata agora, tanto os presidentes como os secretarios das asociacións teñen que ter activado o DNI, , xa que a sinatura é electrónica.
Cursos, Novas
CURSO DE DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB.
Dirixido a mozas e mozos desempregados de entre 16 e 30 anos.
Inscrición: Ata o 1 de Febreiro de 2019.
Novas
CAMPAÑA DE ESQUÍ 2019_Deputación Provincial da Coruña
O Concello de Vilasantar foi adxudicado con 3 prazas para a campaña de Inverno 2049 na estación invernal de Cabeza de Manzaneda.
As preinscricións serán entregadas no Concello, con data límite o 11/01/2019. As idades dos rapaces /zas participantes serán de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), e aboarán 85,00 € como cota de participación. Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da deputación.
A quenda que lle corresponde ao seu concello é a 4ª, dende o 15/02/2019 ó 18/02/2019
Toda a información e descarga do cartel da campaña e máis da folla de inscrición no seguinte enlace.
Novas
TERMALISMO IMSERSO 2019
REQUISITOS
a) Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
b) Ser pensionista de viuvedade con 55 anos ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
c) Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
d) Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.
As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
a) Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
b) Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
c) Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
d) Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Tamén poderán ser adxucatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal. Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
1.- Para as quendas dos meses de febreiro e agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2019.
2.- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 17 de maio de 2019.



