Novas
AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DO PARQUE NACIONAL DE MAQUINARIA AGRÍCOLA
CONVOCATORIA: BOE do 12 de abril de 2019
BASES REGULADORAS: REAL DECRETO 704/2017 de 7 de xullo
PRAZO: ata o 15 de setembro de 2019
MAQUINARIA SUBVENCIONABLE:
- Tractores
- Máquinas automotrices de recolección, de aplicación de produtos fitosanitarios e fertilizantes, excluídas cisternas de xurro.
- Máquinas arrastradas ou suspendidas: sementadora directa, abonadora, equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, cisternas de purín con sistemas de localización de produto na terra (rexas ou discos), tubos flexibles (mangueras) ou ríxidos (para a aplicación sobre a terra), así como sistemas de localización de xurro na terra independentemente da cisterna.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: na sede electrónica do ministerio de agricultura
Novas
AXUDAS EN MATERIA DE VIVENDAS 2019
AXUDAS A PARTICULARES
- Axudas para adquisición de vivendas por menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes.
- Bono de alugueiro social
- Préstamos para rehabilitación de vivendas
AXUDAS AO CONCELLO
- Rehabilitación de vivendas de mestres, outros oficios e outras de titularidade municipal.
AXUDAS A PARTICULARES OU AO CONCELLO
- Infravivenda rural
- Programa Rehaluga.
Novas
BENESTAR EN BALNEARIOS 2019
Persoas beneficiarias e requisitos
Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
a) O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
b) Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos anteriores, agás o da letra a).
c) Unha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados anteriormente
Servizos e prestacións que se inclúen
a) Estadía de 10 días, 9 noites.
b) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
c) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán: – O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a
prescrición do tratamento. – O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario. – O seguimento médico do tratamento.
d) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, residencial ou termal.
e) Póliza colectiva de seguro turístico.
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes desde a súa publicación, ata o 2 de maio.
MAIS INFORMACION NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VILASANTAR : 981778257
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
Xornadas de Termalismo
en ATTICA 21 de Villalba
23 de abril (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
30 de abril (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 10 de abril
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
- As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
- As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
- As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Novas
CAMPAMENTO SEMANA SANTA
PARA TODOS OS NENOS DE 3 A 12 ANOS OS DÍAS 15, 16, 17 E 22 DE ABRIL
NO LOCAL SOCIAL DE VILASANTAR
EN HORARIO DE 10:00 A 14:00
IMPRESCINDIBLE QUE O GRUPO SEXA DE 10 NEN@S COMO MÍNIMO
PARA PARTICIPAR TERÁN QUE ENTREGAR A FOLLA DE INSCRICIÓN NO CONCELLO OU NO COLEXIO ANTES DO 12 DE ABRIL
Novas
RECOLLIDA DE RSU
O día 12 de abril de 2019 está prevista a recollida dos resíduos voluminosos.
Todos aqueles veciños que queiran tirar algún tipo de residuo voluminoso teñen que chamar oa Concello de Vilasantar, 98 778 169, e anotarse para que llos vaian recoller, antes do día 10 de abril.
Recordamos, que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e coa autorizació
Novas
CURSO AGRICULTURA ECOLÓXICA
Para persoas desempregadas
DATA: 15 abril – 15 xuño 2019 (Luns e martes de 16 a 20 horas)
ESCOLA AGRICULTURA ECOLÓXICA DE VILASANTAR
Máis información no teléfono 693 747 500
ORGANIZA: ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAISO
COLABORA: XUNTA DE GALICIA
Novas
ANDAINA RUTA DOS MUIÑOS
O vindeiro sábado 6 de abril o concello organiza unha andaina pola Ruta dos muiños. Actividade totalmente gratuíta.
Lugar de inicio Muiño do Ferreiro.
Lugar de remate da actividade: O Batán ou A Ponte do Sapo.
Saída: as 10:00 da mañán.
Chegada: 11:40 aproximadamente.
Poderán asistir todos os veciños do pobo, maiores e nenos (menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto).
Recoméndase o uso de chaleco reflectante.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169) ou ao técnico deportivo (667 053 287).
Novas
RUTA DOS MUIÑOS
O vindeiro sábado 6 de abril o concello organiza unha andaina pola Ruta dos muiños. Actividade totalmente gratuíta.
Lugar de inicio Muiño do Ferreiro.
Lugar de remate da actividade: O Batán ou A Ponte do Sapo.
Saída: as 10:00 da mañán.
Chegada: 11:40 aproximadamente.
Poderán asistir todos os veciños do pobo, maiores e nenos (menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto).
Recoméndase o uso de chaleco reflectante.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169) ou ao técnico deportivo (667 053 287).



