Novas
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS DA XUNTA 2018
NORMATIVA: Orde do 10 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 74 do 17/04/2018)
OBXECTO: Convocar un total de 679 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
-Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia
-Valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
DURACIÓN DAS QUENDAS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprederán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2018.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Prazo de presentación de solicitudes:
– Para as quendas que se leven a cabo nos meses de maio e xuño, ambos inclusive: 20 días
hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da orde que regula o programa no
Diario Oficial de Galicia (día 15 de maio)
– Para as quendas que se leven a cabo nos meses de xullo a outubro: ata o 31 de maio do
2018.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.
Novas
A ESCOLA DE PATINAXE PARTICIPOU NA IV GALA DE PATINAXE DO CONCELLO DE TOQUES
O pasado sábado 14 a Escola de Patinaxe do Concello de Vilasantar participou na IV Gala de Patinaxe do Concello de Toques, na modalidade de bailes.
Novas
REUNIÓN INFORMATIVA: POSTURA DO CONCELLO ANTE O PROXECTO PARQUE EOLICO LAVANDEIRA SITUADO NA PARROQUIA DE SAN VICENTE
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE SAN VICENTE
DÍA: MARTES 17 DE ABRIL
HORA: 13 HORAS
Novas
CONSULTA NA AVALIACIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO PARQUE EÓLICO DE LAVANDEIRA
Pola Subdirección Genral de Evaluación Ambiental comunicouse a apertura do períodode consultas na avaliación ambiental do Proxecto Parque Eólico Lavandeira de 51,975 MV, líneas a 30 KV, subestación eléctrica 30/220 KV e liña eléctrica a 220 KV para evacuación en Vilasantar e Curtis (A Coruña), regulado polo artigo 34 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.
O Concello de Vilasantar remitiu hoxe as súas consideracións ao documento. O martes 17 de abril haberá unha reunión informativa sobre a postura do Concello. Será as 13 horas no local social de San Vicente.
O documento inicial e os planos do proxecto de dito parque eólico poderán consultarse na páxina wev do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, no apartado de Áreas de Actividade, Calidade e Avaliación Ambiental, Avaliación Ambiental, Plans, Programas e Proxectos en fase actual de Consulta Pública por parte do Órgano Ambiental.
https://servicios.mapama.es/irj/portal/anonymous/consultaDestacados?NavMode=3
Novas
FASE DE ACORDO NA PARCELARIA DE SAN VICENZO
Para descargar as follas de petición, os planos e demáis documentación
acceder a este enlace http://www.sialingenieria.com/infozonas.php
Novas
INFORMACIÓN PARCELARIA SAN VICENZO
Accedan os seguintes descargables para ver toda a información respecto a parcelaria de San Vicenzo:
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE SAN VICENZO DE CURTIS, VILASANTAR
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que, na data e lugar abaixo indicados, terá lugar unha reunión informativa sobre o inicio dos traballos para a elaboración do ACORDO de reestruturación. (Petición de novas fincas).
LUGAR: Local social de San Vicenzo de Curtis
DATA: martes, 3 de abril de 2018
HORA: 11:00 h
Novas
XORNADAS DE TERMALISMO en ATTICA 21 de Villalba
19 de Abril (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
26 de Abril (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 4 de abril
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
-
As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
-
As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
-
As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.
Novas
VIVENDAS DO CAMIÑO: PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 2018
Serán subvencionables as seguientes actuacións:
- Obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente.
- Obras para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e vivienda e a súa adaptación á normativa enerxética
- Obras para mellorar as condicións de accesibilidade aos edificios e os accesos ás vivendas e locais
O ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e que comprende ol trazado das sete rutas do Camiño en Galicia son as seguintes:
- Francés. Desde Pedrafita do Cebreiro hasta Santiago de Compostela.
- De la Plata I y de la Plata II. Dende A Mezquita o Verín ata Ourense e dende Ourense ata Santiago de Compostela, respectivamente
- Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
- Primitivo. Dende A Fonsagrada ata Melide, onde conecta co Camino Francés
- Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa, onde conecta co Camiño Francés
- Fisterra-Muxía. Dende Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
- Portugués. Dende Tui a Santiago de Compostela.
So poderán acollerse a este programa as actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas sitas en parroquias de municipios rurais que non estén integradas nos ámbitos de outras ARI xa declaradas pola Xunta de Galicia.
Nas conexións con cidades e pobos importantes o ámbito das actuacións limítase ao trazado do camiño exclusivamente.
Beneficiarios
- Persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.
- Comunidades de propietarios/as de vivendas.
- Agrupacións de comunidades de propietarios/as de vivendas
Sempre que non incorran nas prohibicións para ser beneficiario dunha subvención establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Contía das axudas
A axuda do Plan estatal terá un importe máximo de 11.000 € por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que poida exceder do 35% do custo subvencionable, reflectido na cualificación definitiva.
A axuda autonómica terá un importe máximo de 4.000€ por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder do 10% do custo subvencionable da actuación reflectida na cualificación definitiva.
Ambas axudas son acumulables, polo que o total pode chegar aos 15.000 € por vivenda.
Procedemento:
1º paso: solicitar a cualificación provisional
Para participar neste programa as persoas interesadas deberán solicitar a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación e executar as obras de conformidade coa resolución de cualificación provisional.
Prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional:
A cualificación provisional pode solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras.
O prazo de presentación de solicitudes pecharase por resolución da dirección xeral do IGVS en atención ao número de solicitudes presentadas e á dotación orzamentaria dispoñible. A resolución de peche do prazo de presentación de solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do IGVS.
2º paso: solicitar a cualificación definitiva
No prazo máximo dun mes dende o remate das obras, e sempre antes do cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional, a persoa promotora deberá solicitar á correspondente Área provincial do IGVS, a cualificación definitiva das actuacións.
3º paso: solicitar a axuda
No DOG nº 17, do 24 de xaneiro de 2018, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan as axudas da ARI dos Camiños de Santiago para o ano 2018.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2018.
Para poder acceder ás subvención é necesario que actuación de rehabilitación do edificio ou vivenda conte coa correspondente resolución de cualificación definitiva.
Non esqueza
O outorgamento da cualificación provisional ou definitiva non implica o recoñecemento do outorgamento da subvención, a cal deberá ser solicitada ao abeiro da correspondente convocatoria.
Respecto á documentación que terá que presentar:
-
É importante que saiba que terá que presentar toda a documentación requerida nas bases e na convocatoria, entre a que destaca:
-
Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas.
-
Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII da Orde de 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (DOG 28-12-2015).
-
Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagos en efectivo, nin se admitirán como xustificantes os obtidos a través da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.
-
Licenzas e/ou autorizacións preceptivas.
-
Certificado do inicio das obras, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade á resolución desta orde, emitido polo/a técnico/a responsable da obra ou, no seu caso, pola empresa contratista.
-
Certificado do remate das obras e, de ser o caso, certificado de instalacións térmicas, eléctricas ou da posta en marcha de ascensor tramitado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
-
Copia de, a lo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo a executar supere a contía de 30.000 €. A elecciónentre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Máis información:
| A CORUÑA | 981 294 872 / 981 151 464 |
| aricscoruna@xesturgalicia.com | |
| LUGO | 982 889 264 / 982 889 260 |
| aricslugo@xesturgalicia.com | |
| OURENSE | 988 788 683 |
| aricsourense@xesturgalicia.com | |
| VIGO / PONTEVEDRA | 986 266 477 |
| aricspontevedra@xesturgalicia.com |
Novas
AXUDAS PARA INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS, CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AGRICULTORES MOZOS
Orde do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.
En función do tipo de axuda solicitada, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:
- Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, procedemento MR405A).
- Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
- Creación de empresas para os agricultores mozos.
- Creación para o desenvolvemento de pequenas explotacións.



