Novas
OBRADOIRO: INTRODUCIÓN Ó MÉTODO BIOINTENSIVO DE CULTIVO
PROGRAMA DO CURSO
Novas
CAMPAMENTO SEMANA SANTA: Aberto o prazo para a oferta de conciliación da Semana Santa
26,27 e 28 de marzo 2 de abril
Para todos os nenos de 3 a 12 anos
no local social de vilasantar
En horario de 10:00 a 14:00
imprescindible que o grupo sexa de 10 nen@s como mínimo
Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 22 de marzo. As inscricións son de balde para os nenos empadroados no concello.
Novas
OBRIGAS DE LIMPEZA NAS PARCELAS
A XUNTA DE GALICIA MODIFICOU VARIOS PUNTOS REFERENTES AS OBRIGAS DOS PROPIETARIOS NA LIMPEZA DE PARCELAS PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS
- En qué cambian as distancias que hai que manter limpas de vexetación?
O principal cambio é que en torno ao solo urbano, de núcleo rural e vivendas illadas amplíase de 30 a 50 metros a distancia que ten que estar controlada a vexetación (tala e roza) e onde non poden haber especies pirófitas, como eucaliptos, piñeiros, acacias, toxos ou xestas.
Por xestión de biomasa enténdese que o estrato arbustivo ten que estar xestionado (rozado) e que a masa arbórea ten que estar aclarada e podada. Ademáis, nos 50 metros de franxa establecidos as copas das árbores deberán distar como mínimo 10 metros das edificacións e nunca poderán proxectar sobre os tellados. A franxa de 50 metros terá que respectarse en torno as edificacións e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, gasolineiras, parques e instalacións industriais.
- Qué prazos hai para manter limpas as franxas de prevención de incendios?
A xestión da biomasa deberá realizarse antes do 31 de maio (antes, 30 de xuño) e en caso de ser requerido, o propietario dispón por Lei dun prazo de 15 días prorrogable en casos debidamente xustificados. A obriga de rozar o terreo é do propietario e poderán contratalo ou elixir sistema que considere oportuno. De non atender á limpeza se dará inicio do expediente correspondente coa posible sanción.
- A qué sancións se expón un propietario que non limpe a parcela?
A resolución do expediente corresponde á Consellería de Medio Rural. As multas varían de 100 a 1.000 € en caso de infraccións leves, de 1.001 a 10.000 € as graves e a partir de 10.001 € en caso de moi graves.
Novas
XORNADAS de TERMALISMO en ATTICA 21 de Villalba
12 de marzo (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
19 de marzo (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 7 de marzo
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Novas
FOTOS XORNADAS ENTROIDO 2018
Na galería fotográfica xa están para ver todas as fotos referentes ao Entroido 2018.
FOLIÓN DO CEIP DE PRÉSARAS
COMIDA ENTROIDO ACTIVIDADES MAIORES 2018
FOTOS CONCURSO ENTROIDO 2018
Novas
CARTAS DE AMOR: 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No CONCELLO DE VILASANTAR
dende 23 de febreiro ao 7 de marzo de 2018
Cartas De Amor
O Concello de Vilasantar únese a Secretaria Xeral de Igualdade que traballa a favor da eliminación da violencia de xénero, o cal implica unha importante actividade na sensibilización da sociedade en xeral e na educación das xeracións mais novas en valores como a igualdade entre mulleres e homes ou o rexeitamento aos comportamentos violentos.
Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Na busca de solucións preventivas e co obxectivo de atallar o problema, a Secretaria Xeral de Igualdade puxo en marcha unha serie de accións encamiñadas a facer reflexionar aos e ás adolescentes sobre a existencia da violencia nos seus modos de relacionarase.
Con esta exposición, Cartas de Amor, pretendemos establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Para isto, propúxolle a debuxantes que plasmasen nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentes entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito, aquí están os trabarllos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, de cómic, Paco Roca, no ano20119: así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Oscar Villán. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente mais nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julian. Ademais o Escultor Méndez, a Escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.
Novas
AXUDAS UTM GDR ULLA TAMBRE MANDEO
Vas investir no rural? Tes un proxecto? Queres crear unha empresa?Ampliar ou modernizar unha existente?
Infórmate en GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL UTM GDR ULLA TAMBRE MANDEO
Teléfono: 981 511 377
Enderezo: Ada Lugo, 41 Pedrouzo (O Pino)
leader@gdrullatambremandeo.gal
www.gdrullatambremandeo.gal
Intensidade das axudas ata 50%, máximo 200.000 €
QUE SE SUBVENCIONA?
- Maquinaria e equipamentos novos.
- Construcción, adquisición e mellora de inmobles.
- Outros: webs, patentes, honorarios técnicos….
- NOS CONCELLOS DE: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vilasantar.
Novas
CAMPAMENTO CARNAVAL 2018
LUNS 12 E MERCORES 14 de febreiro,tódolos nenos e nenas de 3 a 12 anos, no local social de Vilasantar eb horario de 10:00 a 14:00 h.
Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 9 de febreiro.
Novas
AXUDAS IGAPE
RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende). (picar sobre o texto para ler toda a información no DOG Núm 18 de 25/01/2018)



