Novas
DECRETO DE APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS PROCESO SELECTIVO POR OPOSICIÓN PARA 2 TÉCNICOS/AS MEDIOAMBIENTAIS PARA O «PROXECTO AMBIENTAL VILASANTAR, SOBRADO E CURTIS 2021”, NOMEAMENTO TRIBUNAL E FASE DE OPOSICIÓN (entrevista) o xoves 9 setembro 2021 no Concello de Vilasantar. Publicado 03/09/2021
Novas
Rutas Ambientais Guiadas de Observación de Flora e Fauna
Venres, 3 de Setembro 2021
16:30 – 19:30
Novas
Proceso selectivo para a contratación de dous técnicos/as ambientais; publicado o 25-08-21
No BOP do día 25-08-2021 publícanse as Bases para a contratación laboral temporal de dous técnicos/as ambientais para o proxecto ambiental Vilasantar, Sobrado e Curtis 2021, polo procedemento de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 1 de setembro. Consulta as bases no BOP.
Novas
RECOLLIDA DE PLÁSTICO AGRÍCOLAS (silos e invernadoiros) . Publicado 22/07/2021
NORMAS DE RECOLLIDA:
– Ata o día 22 de xullo de 2021 anotaranse os avisos para a recollida dos plásticos agrícolas, chamando ao Concello para anotarse (981 778 169).
– O día 27 de xullo de 2021 a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
– Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rechazada a recollida.
– Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169).



