Novas
APERTURA PISCINA MUNICIPAL; publicado o 23/06/21
Dende este venres 25 de xuño e ata o 25 de setembro permanecerá aberta a piscina municipal de vilasantar, situada na Área Recreativa do Roseo, en horario ininterrumpido dende as 13 horas ata as 21 horas.
Será obrigatorio cumprir a normativa covid vixente e as instruccións dos socorristas.
Novas
VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL AO NOVO PARQUE INFANTIL DO ROSEO; publicado o 16/06/21
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o novo parque infantil situado no entorno da pista multideporte de O Roseo, no concello coruñés de Vilasantar. Deste xeito, nun concello rural con núcleos dispersos como Vilasantar, esta iniciativa na que colaboran a Xunta e o municipio, concentrou varias actividades para os máis pequenos nun mesmo entorno que conta coa piscina municipal, unha pista polideportiva e este novo parque infantil.
No marco da colaboración entre a Administración autonómica e a local en actuacións que redunden no benestar da cidadanía, a Xunta apoiou neste caso a construción do novo parque. As obras supuxeron o acondicionamento do terreo para acoller a infraestrutura, a colocación do pavimento acorde coa contorna, a instalación de varios elementos de xogo –tirolina, estrutura de torres con rocodromo, rede de trepa e tobogán, un columpio mixto e dous balancíns-, ademais da súa sinalización
Cursos, Novas
CURSO INTENSIVO GRATUITO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Curso intensivo para preparar as probas do Título da ESO para adultos, que levaremos a cabo na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar. Está destinado a mulleres e será impartido os venres pola tarde (de 17h a 20.30h) e os sábados (de 9h a 13.30h). É gratuito, pois está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Novas
BECAS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021. Publicado 09/06/2021
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do día 8 de xuño de 2021 publícase a convocatoria das axudas para o transporte escolar do curso 2020/2021.
O PRAZO DE SOLICITUDE É DENDE O DÍA 9 AO 23 DE XUÑO DE 2021
BENEFICIARIOS: Os alumnos escolarizados no curso 2020/2021 que reunan os seguintes requisitos:
- Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Vilasantar.
- Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalentes nun centro oficial.
- Non ter dispoñibilidade de transporte gratuíto.
- Estar empadroados no Concello de Vilasantar.
Documentación a presentar
. -Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal.
. – Certificación de estar matriculado nun centro oficial de bacharelato, formación profesional ou equivalentes.
.- Certificado de titularidade de conta bancaria.



