Cultura, Novas
A obra de teatro A Nai chega a Vilasantar
A obra de teatro multidisciplinar A Nai, de Amorodio Teatro, recibiu o premio Luisa Villalta no ano 2022.
«La Madre» era o nome en clave do enlace da rede clandestina de ferrocarril que pasaba por Ribadavia. As persoas que chegaban á estación debían preguntar por ela para poder acadar a liberdade. Lola, Amparo e Julia Touza eran tres irmás que rexentaban o quiosco da estación de tren. O que ninguén soupo ata despois da súa morte é que tamén foron as responsables de salvar a vida de arredor de 500 xudeus que fuxían do Holocausto.
Dirixida a público aduto.
- Sábado, 9 de marzo
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar
Cultura
Obra de teatro «A Cabaleira» no CEIP de Présaras
A princesa Valentina está destinada por nacemento a ser raíña, pero que pasa se quere ser cabaleira e percorrer o mundo? Pois que se vai meter nunha morea de leas. E nós poderémolo presenciar grazas á obra de teatro de Medievándalos.
- 20 de decembro
- 15:15 h
- CEIP de Présaras
Cultura, eventos
«Feminíssimas»: teatro para rematar coa violencia contra as mulleres
En Vilasantar adiantámonos ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa programación de «Feminíssimas», de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.
Tres amigas que entenden o feminismo de xeitos distintos atópanse tras anos nun congreso feminista. Este é o punto de partida de «Feminíssimas», unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade.
- Sábado 11 de novembro
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar
Cultura
A obra de teatro musical «Desconcerto» chega a Vilasantar
Fran Rei e Félix Rodríguez visitarán Vilasantar coa produción de Culturactiva «Desconcerto», un espectáculo cómico sobre a música culta. Os protagonistas chegan tarde ao recital, coa orquestra a piques de comezar e o público preparado, polo que comeza un espectáculo de tola e divertida improvisación.
A obra terá lugar o mércores 26 de xullo na área recreativa do Roseo ás 19:00 h.
Axudas, Cultura
Rede Cultural do ano 2023
Xa están publicadas as bases reguladoras do programa de Rede Cultural da Deputación da Coruña do ano 2023.
O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2023 ás 14:00 h.
Finánciase o desenvolvemento de catro programas específicos:
- Escena ao vivo: programación profesioanl de teatro, monicreques, maxia e danza para concellos.
- Visións: programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
- Alicerce: programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades sen ánimo de lucro.
- Lingua a escena: espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos.
O período de realización dos espectáculos é durante todo o ano 2023 e ata o día 31 de marzo de 2024.
As entidades sen ánimo de lucro poden realizar a súa solicitude a través do programa Alicerce e só poden solicitar un espectáculo (música, danza ou teatro).
A cantidade de financiamento é a seguinte:
- A Deputación financia o 75% do importe do espectáculo para concellos.
- A Deputación financia entre o 30% e o 50% do importe do espectáculo para o caso de entidades.
A consulta dos espectáculos faise na páxina web da Deputación da Coruña, www.dacoruna.gal, dentro do apartado de Cultura ,e dentro deste, en Rede Cultural.
Para facer a solicitude é preciso contar con certificado dixital e farase a través da Subtel da Deputación da Coruña.
Máis información: Departamento de Cultura do Concello (preguntar por Trini) e no BOP do 20 de xaneiro de 2023 (nº 14).