actividades municipais
Festa de maiores 2026 en Vilasantar
Se tes máis de 60 anos, xa te podes anotar para participar na festa dos maiores! Será o 19 de xuño, comezando cunha misa solemne na igrexa de Présaras ás 13:00 h, para a continuación desprazarnos ao xardín botánico se fai sol ou pavillón de Présaras se chove, onde comezará o xantar ás 14:00 h.
O menú consitirá en empanada de bonito, polbo á feira, xarrete de tenreira galega con patacas e verduras de guarnición, pastel de queixo e tarta de améndoas, café con gotas e augardente do Ulla, viño tinto e branco DO, refrescos e auga. A xornada estará amenizada por un dúo musical.
As persoas empadroadas en Vilasantar maiores de 60 anos poderán acudir de xeito gratuíto, mentres que as non empadroadas con vivenda en Vilasantar terán que aboar 20 euros e as que non teñan casa, 30 euros.
Os pagos deberán efectuarse na conta de Abanca ES16 2080 0024 1931 1000 0012, especificando no concepto “Festa dos maiores 2026”, indicando nome, apelidos e DNI. Deberase entregar o xustificante de pago no momento de anotarse.
O día límite para confirmar a asistencia é o 15 de xuño e pódese facer chamando ao 981 778 169 ou 981 77 82 57.
Novas, sostibilidade, Xestión de residuos
Recollida de plásticos agrícolas
O día 2 de marzo a empresa encargada fará a recollida dos plásticos agrícolas. Para facer uso deste servizo é imprescindible anotarse ata o 26 de febreiro, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
actividades municipais, Cultura, Novas
II certame de pintura rápida Xosé Casal en Vilasantar
O Concello de Vilasantar convoca o segundo certame de pintura rápida Xosé Casal de acordo ás seguintes bases:
- O Certame celebrarase o 7 de xullo de 2024.
- Poderanse presentar ao certame as persoas maiores de 18 anos, profesionais ou aficionados, que presenten a súa solicitude o día do certame na casa do concello.
- Cada artista poderá participar cun máximo dunha obra realizada o día do certame.
- A inscrición e selado dos soportes realizarase na casa do concello, o día 7 de xullo, entre as 09:00 e as 12:00 horas da mañá.
- O tema obrigado será a contorna de Vilasantar; paisaxes, xentes e costumes. A organización facilitará un plano delimitando as zonas dentro das que se situarán os participantes, pintando neses lugares (parroquias de Présaras, Vilariño e A Laxe).
- A organización selará a cada participante o soporte, aportado polo artista, que se presentará en branco, sen manipular. As medidas do soporte serán dun tamaño mínimo de 60×81 cm e máximo de 100×81 cm.
- As obras poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc. O artista virá provisto de todo o material preciso para a execución da súa obra, incluído o cabalete para expor a pintura realizada.
- As obras realizadas serán presentadas para a súa exposición sen asinar entre as 16:00 e as 17:00 horas no lugar designado pola organización.
- O xurado estará composto por persoas cualificadas e profesionais do mundo da arte e a súa decisión será inapelable. O xurado poderá declarar deserto o premio se non alcanzan as obras unha calidade suficiente ao seu criterio.
- O xurado valorará as obras presentadas entre as 17:00 e as 18:00 horas, e entregaranse os premios a partir desa hora. A súa decisión será inapelable.
- Establécense os seguintes premios:
- Primeiro premio, patrocinado polo Concello de Vilasantar: 1.000 € e diploma.
- Segundo premio, patrocinado por GSV Agro: 500 € e diploma.
- Terceiro premio, patrocinado por Fontambre SL: 400 € e diploma.
- Cuarto premio, patrocinado por Bacalaos Boado: 300 € e diploma.
- Quinto premio, patrocinado por Pintores de Galicia: 300 € e diploma.
- A obra agraciada co primeiro premio pasará a ser propiedade da organización, así como o dereito á súa reprodución, exposición ou calquera outro uso que da mesma desexe facer. O resto das obras premiadas pasarán a ser propiedade dos patrocinadores.
- As obras non premiadas serán expostas ao público tras a decisión do xurado. Poderanse poñer á venda ao público asistente.
- A organización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras, que estarán coidadas e protexidas en todo momento.
A sinatura da solicitude de participación supón unha declaración de coñecemento das bases e compromiso de cumprimento das mesmas. A solicitude deberá acompañarse dunha fotocopia do DNI da persoa solicitante.
Os datos e a información incluída nas solicitudes serán tratados de conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de protección e tratamento de datos persoais (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento).
Para calquera consulta: Concello de Vilasantar, 981 77 81 69 ou comunicacion@vilasantar.gal
Xestión de residuos
Recollida de plásticos agrícolas
Recollida de plásticos agrícolas (silos e invernadoiros) o 6 de marzo
Anotarse ata o 3 de marzo chamando ao Concello – 981 778 169
O 6 de marzo a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos, almacenados e preparados para a súa recollida, deberán ter a menor suciedade posible procedente da terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de PVC, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que podan dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rexeitada a recollida.
Os fardos deben estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
eventos
Concurso de disfraces de entroido en Vilasantar 2023
Achégase o Entroido e en Vilasantar organizamos un concurso de difraces!
O sábado, 18 de febreiro, ás 17.00 h, no pavillón polideportivo de Présaras. Non podes faltar! Repartiremos unha morea de premios entre as persoas cos disfraces máis orixinais.
Categorías
a) Categoría de comparsa ou grupo:
- 1º premio: 300 euros
- 2º premio: 200 euros
- 3º premio: 100 euros
b) Categoría individual ou dúo:
- 1º premio: 150 euros
- 2º premio: 75 euros
- 3º premio: 50 euros
Para participar é obrigatorio inscribirse previamente chamando ao Concello de Vilasantar, 981778169 (cultura) ou ben ese mesmo día no lugar de realización ata 10 minutos antes de comezo do concurso. Especificarase o número de compoñentes, o lema de indentificación e un representante.



