eventos, Novas
I Festa do Bacalao en Vilasantar
Que ganas tiñamos de poder comunicar a próxima gran festa do noso Concello! Reserva o día completo, porque temos xolda para largo.
- 27 de abril
- Xardín botánico de Présaras
Podes adquirir os teus tíckets na casa do concello ou en calquera bar. O custe do xantar é de 30 euros por persoa e o menú será ensalada de bacallau, empanada de bacallau e bacallau ao forno, ademais de viño, sobremesa e café. O produto será de primeira calidade, como non pode ser doutro xeito tratándose de Bacallaos Boado.
Ademais teremos sesión vermú a cargo do DÚO Reflejos, inchables para a cativada e á noite… 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐱𝐮𝐯𝐞𝐧𝐭𝐮𝐝𝐞 co DÚO Reflejos e a orquestra París de Noia! Pero ollo, que a xuventude de corazón e mente tamén será máis que benvida á troula!
Novas
9 de marzo, Día das persoas desaparecidas sen causa aparente
Declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias
En España o 9 de marzo é o Día das Persoas Desaparecidas sen causa aparente. A institución deste día, adoptada por unanimidade no pleno do Congreso dos Deputados en 2010, mantén plena a súa vixencia ante a incontestable realidade das preto de trinta mil denuncias por desaparición que se rexistran anualmente no noso país.
O Centro Nacional de Desaparecidos (CNDES) actualiza cada 9 de marzo as estadísticas e rinde conta da acción desenvolta dentro do primeiro Plan Estratéxico aprobado polo Consello de Ministros en 2022 e aínda vixente. Un plan expresamente orientado a paliar o sufrimento de todas e cada unha das familias golpeadas pola incertidumbre sobre o paradoiro dalgún ser querido e a inquedanza de non saber se está vivo ou morto.
En 2024 as estadísticas seguen a confirmar a terrible realidade das desaparicións e o seu impacto traumático en familias e achegados, en especial nos casos que permanecen sen resolución tras moitos anos ou incluso décadas. A atención ás familias afectadas é hoxe en día a tarefa máis relevante do CNDES, xunto ao papel de dinamizador da formación e coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade.
Tanto a Garda Civil como a Policía Nacional, e tamén os Mossos d’Esquadra, a Ertzaintza e a Policía Foral de Navarra, están a piques de adoptar un protocolo único de actuación. Trátase dunha insistente demanda co obxectivo de mellorar a celeridade na resposta nas primeiras horas da desaparición. Nesta tarefa, as policías locais e os equipos de Protección Civil e Emerxencias teñen un papel determinante como axentes locais: os primeiros en tomar contacto cunha desaparición e os primeiros en dar amparo ás familias afectadas. O compromiso das entidades locais que integran a FEMP é optimizar cantos servizos municipais sexan posibles e avanzar nunha coordinación eficaz co conxunto das Forzas e Corpos de Seguridade.
Así mesmo, as entidades locais representadas na FEMP queren revalidar o seu compromiso como institucións sensibles coas desaparicións de persoas, facéndose eco das principais demandas do movemento asociativo dos familiares e dando calor a quen as padece. En especial, a FEMP quere poñer de relieve a súa chamada de atención sobre o incremento de desaparicións debidas a problemas de saúde mental e casos de deterioro cognitivo como o alzhéimer, así como o terrible índice de once suicidios diarios en España, que tamén son causa de desaparición con resultado fatal.
As entidades locais integradas na FEMP damos tamén o noso apoio á demanda do Estatuto da Persoa Desaparecida, para que se tramite sen máis demora como lei específica que dea resposta aos dereitos e demandas dos familiares e achegados que sofren a súa ausencia.
#TodosYTodoPorEncontrarlos #NosFaltan
igualdade
Manifesto do 8M, Día da Muller
Federación Española de Municipios e Provincias
O día 8 demarzo ten as súas raíces na loita das mulleres polos seus dereitos. En 1908, un grupo de mulleres traballadoras textís declarouse en folga en Nova York para protestar polas súas condicións laborais inhumanas e esixir mellores salarios, horarios e condicións de traballo. Esta folga foi unha importante precursora para os dereitos das mulleres.
Indubidablemente avanzouse moito, pero somos conscientes de que aínda queda moito por facer e os Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares xogamos un papel esencial para lograr a igualdade real tan precisa que todos e todas desexamos.
No Día Internacional da Muller, as entidades locais comprometémonos a promover a igualdade de xénero en todas as áreas da sociedade. Recoñecemos que aínda existen desigualdades sistémicas que afectan ás mulleres nas nosas comunidades e comprometémonos a abordalas de xeito activo e efectivo, tendo especial sensibilidade con aquelas mulleres que máis complicado o teñen, como as que sofren unha discapacidade, mulleres migrantes, de diferentes etnias e mulleres que viven no mundo rural.
Non se pode progresar sen a metade da poboación, que son as mulleres, nin a costa delas. Tal como expresa Nacións Unidas, «a igualdade de xénero é o maior desafío actual en materia de dereitos humanos». Ademais, o progreso das mulleres é un factor que beneficia a toda a sociedade.
Reafirmamos o noso compromiso cos dereitos humanos de todas as mulleres e nenas, incluíndo o dereito á igualdade, á autonomía sobre os seus corpos e decisións e á eliminación de todas as formas de violencia e discriminación baseadas no xénero. Por iso, comprometémonos a cumprir as medidas implementadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. É imprescindible renovar o gran logro social e político que supuxo dito pacto e xuntar esforzos e incrementar recursos de prevención para atender ás mulleres vítimas das violencias de xénero.
Comprometémonos a implementar políticas e programas que promovan a igualdade de xénero no acceso á educación, o emprego, a saúde, a participación política e a toma de decisións en todos os niveis.
Instamos a todas as etidades locais a adoptar medidas concretas para alcanzar a paridade na toma de decisións e acabar coa fenda salarial de xénero, terminar coa parcialidade involuntaria á que se ven abocadas as mulleres, garantir a representación equitativa de mulleres en todos os ámbitos da vida pública e promover unha contorna segura e respectuosa para todas as mulleres e nenas. É imprescindible fomentar os servizos de coidados dende o público para facilitar que a maternidade non penalice ás mulleres no mercado laboral, porque sobre elas recae o peso dos coidados.
Facemos un chamamento á acción ás nosas comunidades para que se unan en solidariedade coas mulleres de todo o mundo e traballen xuntas para crear un futuro máis xusto e igualitario para todas as persoas, independentemente do seu xénero. As políticas de igualdade deben ser transversais e impregnar o conxunto das nosas actuacións.
Dende o ámbito local comprometémonos a seguir impulsando os avances que logren alcanzar unha sociedade mellor, máis equitativa e, en definitiva, máis democrática.
Xuntas e xuntos podemos construír un mundo onde todas as mulleres e nenas poidan vivir libres de discriminación e violencia e acadar a igualdade real!
Cultura
Premios e concursos da Deputación da Coruña
- Convocatoria do VIII premio Begoña Caamaño. Premios de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 10 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- Convocatoria do XVI Certame Antonio Fraguas Fraguas de artesanía. Premios de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 20 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- Convocatoria do XVIII Premio Luis Ksado de creación fotográfica. Premios de 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 31 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- Convocatoria do XVI Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais. Premios de ata 4.000 euros. Prazo de solicitude ata o 20 de xuño de 2024. BOP 27-02-2024.
- XXXVI Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá. Premio de 15.000 euros. Prazo de solicitude ata o 15 de maio de 2024. BOP 29-02-2024.
- XXXVI Premio Torrente Ballester de lingua galega. Premio de 15.000 euros. Prazo de solicitude ata o 15 de maio de 2024. BOP 29-02-2024.
- XIX Premio Castelao de banda deseñada. Premio de 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 10 de maio de 2024. BOP 27-02-2024.
- XV Rosalía de Castro de lingua. Premio de 5.000 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de abril de 2024. BOP 04-03-2024.
- XIX Premio internacional Jesús Núñez de arte gráfica. Premio de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 5 de xullo de 2024. BOP 27-02-2024.
- XXII Premio Miguel González de poesía. Premio único de 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de abril de 2024. BOP 27-02-2024.
- XVIII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Premio de ata 6.500 euros. Prazo de solicitude ata o 30 de abril de 2024. BOP 29-02-2024.
Máis información no Departamento de Cultura do Concello de Vilasantar e no Boletín Oficial da Provincia citado en cada convocatoria.
Cultura, Novas
A obra de teatro A Nai chega a Vilasantar
A obra de teatro multidisciplinar A Nai, de Amorodio Teatro, recibiu o premio Luisa Villalta no ano 2022.
«La Madre» era o nome en clave do enlace da rede clandestina de ferrocarril que pasaba por Ribadavia. As persoas que chegaban á estación debían preguntar por ela para poder acadar a liberdade. Lola, Amparo e Julia Touza eran tres irmás que rexentaban o quiosco da estación de tren. O que ninguén soupo ata despois da súa morte é que tamén foron as responsables de salvar a vida de arredor de 500 xudeus que fuxían do Holocausto.
Dirixida a público aduto.
- Sábado, 9 de marzo
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar
Axudas, sostibilidade
Axudas do INEGA para proxectos de enerxías renovables
Subvención do 50% do investimento elixible da instalación.
Prazo de presentación:
- Adhesión entidades colaboradoras: 29 de febreiro 2024.
- Solicitude axuda persoas físicas, a través das entidades colaboradoras: 21 de marzo de 2024.
Beneficiarios: Persoas físicas titulares de inmobles residenciais, comunidades ou mancomunidades de veciños. Teñen que tramitar as axudas a través das entidades colaboradoras.
Para instalación de enerxías renovables de uso térmico:
- Caldeira biomasa de leña ou pellets, máximo por vivenda 8.000 €.
- Bomba de calor de aerotermia, máximo por vivenda 10.000 €.
- Bomba de calor de xeotermia e hidrotermia, máximo por vivenda 2.500 €.
- Panel solar térmico para quentar auga, máximo por vivenda 2.000 €.
En proxectos de multivivendas, máximo 40.000 €.
Para instalación de enerxía fotovoltaica:
- Panel fotovoltaico para xerar electricidade, máximo por vivenda entre 4.000 € e 6.000 €, en proxectos de multivivendas máximo 25.000 €.
Máis info: DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024
Procedementos Sede Xunta de Galicia IN421H, IN421P e IN421N e IN421O
www.inega.gal
inega.info@xunta.gal 981541500
Axudas
Axudas da Xunta para dinamizar o asociacionismo (PR487A)
A Xunta publicou a convocatoria de axudas destinadas ás asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.
Obxecto: os gastos ocasionados como consecuencia investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
Beneficiarios: as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 29 de febreiro de 2024
Requisitos:
- As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial), dependentes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
- As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.
- Non se admitirán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.
Contía: a axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.
Considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Máis información: Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 2024, nº20.
eventos, Novas
Campamento de Entroido en Vilasantar
Xa se pode preinscribir aos nenos e nenas de 3 a 12 anos para o campamento de Entroido. Preinscrición aberta ata o 8 de febreiro.
O campamento terá lugar os días 12 e 14 de febreiro, de 10.00 a 14.00 h, no CEIP de Présaras.
As prazas asignaranse por orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas empadroados. As follas de inscrición pódense entregar en dependencias municipais ou na sede electrónica do Concello de Vilasantar.
Máis información: 981 77 82 57
Axudas
Axuda para permiso de condución B, C e D á mocidade galega (BS321A)
Obrigatorio presentación na Sede electrónica da Xunta.
Persoas destinatarias:
- Ter 18 ou a idade mínima e non ter feitos os 31 anos.
- Ter empadroamento en Galicia durante mínimo 1 ano.
- Non estar traballando (nin conta propia nin allea).
- Ter aprobado o/s permiso/s entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.
Documentación a presentar:
Cumprimentar Anexo I: datos persoas, IBAN bancario, achegar permiso de conducir ou autorización temporal e certificado de empadroamento histórico que acredite antigüidade mínima dun ano.
Prazo de presentación: ata o 30 de setembro de 2024.
Importe:
- 400€ pemiso B
- 650€ permiso C
- 1.300€ permiso D
Máis info: Espazo Xove de Curtis; Estrada Estación s/n 15310 Curtis
881880650
espazoxovecurtis.xuventude@xunta.gal
Axudas
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril
Axudas para prevención dos danos producidos polo lobo, oso e xabaril: adquisición e manutención de cans, pastores eléctricos e/ou de cerrumes con malla electrificada (MT809D).
Beneficiarios:
- Prevención de danos ocasionados polo lobo: persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras tipo gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino e apícola incluídas no Rega.
- Prevención de danos ocasionados polo xabaril: persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria inscritas no Reaga ou explotación agrarias destinadas o autoconsumo.
Axudas para:
- Adquisición e manutención de cans protectores e defensores do gando: máximo de 3 cans, segundo o número de reses da explotación. Máximo por adquisición 300€ por can e máximo por manutención 200€ por can.
- Pastores eléctricos: máximo de 3 pastores eléctricos por explotación segundo o número de reses ou superficie PAC; para as explotacións de autoconsumo máximo 1 pastor. Máximo por explotación 600€, e cun máximo de 150€ por pastor eléctrico alimentado con batería ou conectado á rede eléctrica e máximo 300€ por pastor con batería alimentada con panel fotovoltaico.
- Cerrumes móbiles de malla electrificada: Contía máxima será de 100€ por malla de 50m ata un máximo de 8 mallas por explotación.
Prazo e lugar de presentación da solicitude da axuda:
A través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
Prazo: ata o 19 de febreiro de 2024.
Máis info:
Xunta de Galicia; Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – Dirección Xeral de Patrimonio Natural: (DOG n.º 12 do 17 de xaneiro de 2024)
Teléfono: 881997212/ 981546084
caza.pesca@xunta.gal
http://www.cmati.xunta.es/