Novas, sostibilidade
Restrición do uso da auga municipal para consumo humano
A consecuencia da situación climatolóxica, os depósitos municipais de auga non recuperan o nivel ao ritmo desexado e as fontes e ríos van a menos. Por este motivo, vémonos na obriga de restrinxir o uso da auga municipal só para consumo humano, prohibíndose regas, baldeos, limpezas, enchido de piscinas e demais usos prescindibles.
Lembramos á veciñanza que teña recibos pendentes de aboar a obriga de regularizar a situación para seguir contando co servizo. Así mesmo, infórmase que están totalmente prohibidos os enganches e usos sen a alta e previa autorización do concello.
Novas, sostibilidade, Xestión de residuos
ACTUALIZACIÓN: Recollida de plásticos agrícolas
Por motivos alleos ao Concello de Vilasantar, cámbiase a data da recollida de plásticos agrícolas que estaba prevista para o 11 de setembro. A nova data é o 6 de outubro, polo tanto poden anotarse chamando ao 981 778 169 ata o 1 de outubro.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Novas
Recollida de obxectos voluminosos
O día 31 de xullo de 2025 está prevista a recollida de obxectos voluminosos. Toda a veciñanza que queira tirar algún tipo de residuo voluminoso ten que chamar ao Concello de Vilasantar no 981 778 169 ata o día 29 de xullo.
Lembramos que está prohibido tirar calquera tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando se notificara ao Concello e se conte coa autorización deste.
Novas
Comunicado en relación aos problemas de cobertura en Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar contactamos coas operadoras e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital sobre os problemas de cobertura que sufrimos no noso municipio. Indicáronos que as persoas afectadas deben reclamar individualmente, primeiro ante a operadora e despois ante o Ministerio.
Seguindo instrucións da Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ante a existencia de interrupcións, avarías e/ou a falta de cobertura no servizo telefónico que existe en Vilasantar, as persoas usuarias deben presentar, de xeito individual, unha reclamación por cada persoa afectada.
Segundo a Lei 11/2022, de 29 de xuño (art. 78), poden presentar reclamación ante esta Oficina as persoas físicas, incluíndo autónomas e microempresas. Para iso, é preciso que a persoa usuaria reclamara previamente ante o seu operador. Se a resposta non fora satisfactoria ou non recibira contestación no prazo dun mes, as persoas usuarias teñen dereito a reclamar ante a Oficina de Atención o Usuario de Telecomunicacións no prazo de 3 meses.
Para facilitar o proceso, deixamos o formulario de reclamación, que se pode presentar telematicamente ou imprimir, cumprimentar e presentalo no rexistro de calquera administración pública.
Contido mínimo da reclamación:
- Nome completo, DNI, domicilio para notificacións, domicilio/lugar afectado, operador ao que reclama, feitos e razóns que considere, lugar data e sinatura.
- Dirixido a: Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
Máis información: https://usuariosteleco.digital.gob.es/reclamaciones/telefonia-e-internet
actividades municipais
Discovering English 2025
Discovering English é unha actividade para que a rapazada se familiarice co inglés divertíndose, a través de xogos, actividades manuais e outras dinámicas. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Desenvolverase os meses de xullo e agosto, os martes e xoves, de 16:30 a 17:30 h no local social de Présaras.
As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade á rapazada empadroada no Concello de Vilasantar.
Preinscrición aberta ata o 30 de xuño.
Máis información no 981 77 82 57.
actividades municipais, Novas
Excursión para maiores de 60 anos de Vilasantar
Xa está aberto o prazo para anotarse e desfrutar da excursión para maiores de 60 anos do Concello de Vilasantar. Nesta edición visitaremos Ribadeo, Rinlo e a praia das Catedrais. Será o 2 de xullo e a inscrición está aberta ata o 27 de xuño.
Para anotarse chama ao 981 77 82 57.
actividades municipais
Anótate para participar no día da bici 2025
Xa te podes inscribir para participar no día da bici! Será o 19 de xullo. O prazo de inscrición remata o 4 de xullo e podes anotarte en dependencias municipais.
Reunirémonos ás 10:30 h na praza da casa consistorial para organizarnos e saír ás 11:00 h. Realizaremos un percorrido duns oito quilómetros. É obrigatorio o uso de casco.
A maiores, despois de pedalear pola nosa fermosa contorna, sortearemos material deportivo entre as persoas participantes!
actividades municipais
XI Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños
Xa está aberta a preinscrición para o XI Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños. Podes inscribir ao teu neno ou nena ata o 20 de xuño.
As prazas son limitadas e terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas, a non empadroada terá acceso por orde de inscrición.
- Para nenos e nenas nados entre 2011 e 2016, ambos anos incluídos.
- Todo o mes de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Na área recreativa O Roseo
A rapazada realizará actividades na natureza, na piscina, practicará sendeirismo, orientación, gymkhanas, xogos de mesa, deporte… Deben levar roupa cómoda, mochila equipada para piscina, aperitivo e auga.
actividades municipais
Reto rural dixital
Concursos de competencias dixitais no manexo de dispositivos, comunicación, trámites, compras online…
Esta actividade está dirixida a todas as idades. Realizarase durante os meses de xullo e agosto, os martes e xoves, de 10:30 a 12:30 h, en principio na biblioteca municipal de Vilasantar.
Anótate na casa consistorial ou chamando ao 981 22 10 00 Ext. 38262.
actividades municipais, conciliación, Novas
Campamento de verán no CEIP de Présaras 2025
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de verán de Vilasantar. Podes anotar ao teu pequeno ou pequena ata o 19 de xuño.
- Nenos e nenas de 3 a 14 anos. Terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas libres, outorgaranse por orde de inscrición.
- Do 23 de xuño ao 29 de agosto.
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, no colexio de Présaras. Haberá servizo madrugadores ás 9:00 h.
O campamento de verán é unha actividade gratuíta que o Concello ofrece como apoio á conciliación ás familias na época de verán.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de haber lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo.
Máis información no 981 77 81 69



