Axudas, Novas
Axudas da Deputación da Coruña para asociacións veciñais e de mulleres para actividades de promoción económica no 2026
Axudas da Deputación a asociacións veciñais de concellos de menos de 5.000 habitantes e asociacións de mulleres da provincia da Coruña, para a realización de actividades de promoción económica no ano 2026 (DP0042A/2026)
Bases publicadas no BOP do día 5-01-2026. Extracto no BOP do día 15-01-2026
O obxecto da presente convocatoria destinarase á realización de actividades tendentes a dinamizar a participación, estimular a cohesión social, potenciar as condutas cívicas, favorecer a integración, loitar contra a despoboación rural, así como mellorar a calidade de vida das persoas, por parte das entidades sen ánimo de lucro que formen parte dos seguintes ámbitos:
Eixo 1: Dirixido ás asociacións veciñais de concellos de menos de 5.000 habitantes
Destinarase á realización de actividades por parte das asociacións veciñais de concellos de menos de 5.000 habitantes. Para os efectos desta convocatoria enténdese por actividade subvencionable todas
aquelas actividades de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como:
– Programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos nos que poidan tomar parte veciños e veciñas dunha parroquia ou barrio concreto ou ben de todo o Concello.
Abrir espazos de debate, de intercambio de ideas ou elaboración de propostas, incorporando mecanismos de participación cidadá.
– Proxectos, programas e/ou actividades de lecer, formativas e educativas, valiosas para toda a cidadanía da parroquia, barrio ou concello, sen ser necesario ter a condición de socio/a para participar nelas (información e formación en condutas cívicas ou mellora de hábitos en relación coa contorna, talleres, cursos, conferencias, ou calquera outro formato que se considere oportuno) e que favorezan a participación activa da cidadanía na vida do Concello.
Eixo 2: Dirixido ás asociacións de mulleres
Destinarase á realización de actividades por parte das asociacións de mulleres:
– Programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de espazos de socialización, espazos seguros nos que poidan tomar parte as mulleres co obxectivo de facilitar a súa participación social, económica e política na súa contorna. Abrir espazos de debate, de intercambio de ideas ou elaboración de propostas, incorporando mecanismos de participación cidadá.
– Proxectos, programas e/ou actividades, que fomenten o envellecemento activo e saudable, o coidado da saúde a promoción de hábitos de vida saudables e sostibles, compatibles coa conservación do entorno rural. Actividades de información e formación en condutas cívicas ou mellora de hábitos en relación coa contorna, talleres, cursos, conferencias, ou calquera outro formato que se considere oportuno e que favorezan a participación activa da cidadanía na vida do Concello.
– Proxectos, programas e/ou actividades encamiñadas ao empoderamento das mulleres,
ao fomento do emprendemento e ao fomento e consolidación do asociacionismo,
mediante a realización de actividades de difusión, formación ou acompañamento.
– Actividades de acompañamento e atención a mulleres en situación de vulnerabilidade ou
mulleres en risco de exclusión social.
– Actividades, programas encamiñados a loita contra a soidade non desexada,
especialmente para facilitar o acompañamento das mulleres maiores e con dificultades de
acceso aos servizos básicos.
Importe da subvención que se vai conceder: de 1.200 a 10.000 euros.
Prazo de solicitude: dende o 16-01-2025 ata o 16-02-2026, ás 14:00 horas.
Cultura, Novas
Convocatorias de certames culturais 2026
XXI premio internacional “José Núñez” de arte gráfica– Bases publicadas no BOP 22-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XX premio “Raíña Lupa” de literatura infantil e xuvenil do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese dous premios, dotados con 6.500 euros cada un deles. Para cada unha das modalidades, infantil e xuvenil.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XXXVIII Premio Internacional “Torrente Ballester” de narrativa en lingua castelá e lingua galega do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécese un premio dotado con 15.000 euros para cada edición.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XXI Premio “Castelao” de banda deseñada do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame.
Establécense dous premios dotados con 6.500 euros cada un deles.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XVIII Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 29-12-2025
Poderán participar calquera grupo ou artista musical galego ou residente en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes, que non fosen finalistas nin obtivesen o premio nos dez anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio de 4.000 euros, un segundo premio de 2.000 euros e un terceiro premio de 1.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XX Edición do premio internacional Luis Ksado de creación fotográfica 2026 – Bases publicadas no BOP 22-12-2025
Poderán participar todas as persoas maiores de idade, interesadas na fotografía, que non fosen premiadas con este premio nalgunha edición anterior e que presenten obras non premiadas en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio de 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 29 de maio de 2026.
XVI edición do premio Antonio Fraguas de artesanía do ano 2026 – Bases publicadas no BOP 24-12-2025
Poderán participar colectivos de persoas artesáns e persoas artesáns maiores de idade nacidas ou residentes en Galicia no ano 2026, que traballen no campo da artesanía galega tradicional ou contemporánea, tanto a título particular como en agrupacións de varios autores, colectivos, asociacións, etcétera, que non fosen premiados neste certame nos catro anos anteriores a éste e que presenten unha obra non premiada en ningún outro premio ou certame.
Cada persoa artesá ou colectivo poderá concorrer ao certame cun máximo de tres pezas, e poderán ser considerados como unha peza os conxuntos que, estando formados por varias, constitúan unha única unidade. A autoría das obras e a súa autencidade xustificarase mediante unha declaración responsable manifestando ser a persoa autora e titular de todos os dereitos. En consecuencia, a Deputación Provincial da Coruña non se fará responsable das posibles denuncias por plaxio ou eventualidade similar que puideran xurdir, recaendo na persoa participante afectada as accións legais que procedan e asumindo, se é o caso, as indemnizacións que puideran corresponder polos prexuízos ocasionados a particulares ou á organización.
As persoas participantes terán a obriga de comunicar á Deputación a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do premio.
Establécense dous premios dotados con 6.500 euros para cada unha das modalidades.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026.
XXIII edición do premio Miguel González Garcés de poesía ano 2026 – Bases publicadas no BOP do 24-12-2025
Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nas dúas convocatorias anteriores a esta, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
Establécese un premio único dotado con 6.500 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: do 10 de febreiro ao 10 de abril de 2026
Novas
Unidade móbil de inspección técnica de agrícolas
A unidade móbil de inspección técnica de agrícolas desprazarase ao Concello de Vilasantar.
- O 26 e 27 de xaneiro de 2026
- No Punto Limpo
- O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá e de 15:15 a 18:00 pola tarde.
Para solicitar cita previa:
981 92 80 80
www.sycitv.com – Cita previa.
actividades municipais
Cabalgata de Reis Magos en Vilasantar
O luns, 5 de xaneiro, recibiremos aos Reis Magos en Vilasantar. Comezaremos na casa consistorial ás 17 h e acompañaremos ás Súas Maxestades ata o local social de Vilasantar, onde repartirán agasallos a todos os nenos e nenas.
Para rematar a xornada por todo o alto, a asociación Cear O Castro ofrecerá unha chocolatada con churros e bailaremos con Paco Nogueiras.
actividades municipais
Viaxe a Xuvenlugo co Concello de Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar organizamos unha viaxe a Xuvenlugo para pasar unha tarde de diversión para os cativos e cativas. Será o venres 2 de xaneiro e o autobús sairá ás 15:30 h do polideportivo de Présaras e parará ás 15:40 na casa do concello.
Cada participante deberá aboar a tarifa reducida da entrada, que ascende a 7 €. A rapazada menor de 16 anos deberá ir acompañada por unha persoa adulta. Requirirase un grupo mínimo de 15 persoas para realizar a saída.
Inscríbete chamando ao 981 77 81 69 ata o 19 de decembro.
actividades municipais, conciliación, Novas
Campamento de Nadal de Vilasantar
Xa está aberto o prazo de inscrición para o campamento de Nadal do Concello de Nadal, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Terá lugar do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, de 10 a 14 h, no colexio de Présaras.
Podes consultar toda a información no díptico e, se tes algunha dúbida, podes chamar ao 981 77 81 69.
Axudas
Axuda en materia de residuos para o Concello de Vilasantar
O CONCELLO DE VILASANTAR resultou beneficiario das axudas destinadas a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. Fondos de recuperación e resiliencia na actuación L2 – COMPOSTAXE, cunha axuda concedida de 5445 no procedemento MT975T. Sendo esta unha operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE — NextGenerationEU.
Novas
BANDO INFORMATIVO PARA MADEREIRAS
Infórmase ás empresas madereiras da obrigación de obter autorización municipal PREVIA (co deber de fianza) para a realización de cada operación de corta ou tala forestal e transporte de madeira dentro do termo municipal do Concello de Vilasantar.
Máis info:
actividades municipais
VII edición da ruta recolledora de cogomelos e degustación
Sábado 22 de novembro
Saída da ruta (gratuíta): Igrexa de Mezonzo -10:00 h
Degustación e xantar na casa O Castiñeiro: 25 €/persoa
Anotarse chamando ao 981 77 81 69



