Novas
TURISMO IMSERSO: RENOVACIÓN PARA PARTICIPAR NA TEMPADA 2019-2020
Como en anos anteriores, o Imserso comezou a remitir ás persoas acreditadas no Programa de Turismo do Imserso as cartas de renovación para participar no mesmo na próxima tempada 2019-2020. Nestas cartas achéganse ás persoas acreditadas:
- Os datos que figuran na base de datos do Imserso: datos persoais, preferencia de destino e vinculación con outra persoa da mesma provincia.
- Un impreso de solicitude.
Se
os datos non variaron e se consideran correctos, non é preciso que
realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso
cumprimentado.
Se os datos non son correctos ou cambiaron,
debe remitirse o impreso de solicitude cumprimentado.
Como
importante NOVIDADE DESTE ANO o cambio dos datos poderase realizar
directamente pola persoa interesada a través da Sede
electrónica do Imserso
utilizando
o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema
Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:
- Directamente a través deste enlace
- Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».
- Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.
Só no caso de que non se poidan utilizar ningún dos medios anteriores, deberá remitirse o impreso de solicitude cumprimentado cos novos datos ata o mércores 10 de xullo de 2019 en sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.
Novas
LISTA DE ADMITIDOS. CONCURSO OPOSICIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE A EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O ANO 2019 COFINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
ADMITIDOS:
DNI APELIDOS E NOME
*381H ALLER MEIJIDE, JUAN LUIS
*073C CORRAL VARELA, DAVID
*511G FANALE, GUSTAVO ADRIAN
*716Z GARCIA QUINTELA, SALVADOR MANUEL
*068E GARCIA RAMOS, JUAN FRANCISCO
*762V MARTINEZ VAZQUEZ, MANUEL
Novas
CEIP DE PRÉSARAS UNHA ESCOLA CON SALÓN
MATRICÚLATE NO COLE DE PRÉSARAS
Os datos alertan que cada vez a sociedade está máis avellentada e iso é o que nos anima dende o concello a deseñar estratexias de dinamización do noso territorio. O noso “cole” é parte fundamental do noso concello; ahí está o futuro de Vilasantar e por tanto a nosa implicación debe ser máxima. Un dos obxetivos é incentivar a matriculación de nenos da contorna amosando as grandes virtudes que ten.
O noso “cole”, onde os nenos cursan infantil e primaria, destaca pola aposta dunha metodoloxía docente e educativa pioneira, onde os rapaces aprenden através de explorar e descubrir o mundo que os rodea: contan cun horto ecolóxico, onde se familiarizan cos alimentos que van consumir, co seu coidado e o seu cultivo, seguindo os principios da agricultura sostible; por suposto hay comedor escolar propio. No interior destaca a súa afamada e premiada biblioteca, espazo onde interactúan os cativos con todas as artes, forxando lazos e cultivando tanto actitudes como aptitudes.
Destaca tamén o servizo de madrugadores para poder conciliar a vida laboral e a adaptación de todas actividades municipais ao horario dos nenos no colexio.
Todo isto e moito máis pódese comprobar “in situ” nunha visita guiada que se pode solicitar no propio cole no seguinte número de teléfono: 981 77 80 50.
Novas
PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE VILASANTAR
O concello de Vilasantar quere crear un rexistro de vivendas baleiras que sirvan para o alugueiro. E outro rexistro de persoas interesadas en arrendar.
Tanto os propietarios de vivendas baleiras que estean interesados en alugalas como os posibles inquilinos poden pedir información e anotarse no concello.
*As vivendas deberán estar desocupadas, ser habitables e non ter ningún impedimento legal para poder ser arrendadas.
*As vivendas pasarán unha inspección técnica, onde se valorará a súa habitabilidade.
*Os arrendamentos que se fagan por medio deste programa están asegurados gratuitamente cun seguro multirriscos do fogar e outro de garantía de cobro aos arrendadores.
*As vivendas pódense alugar con ou sen mobiliario. Pero deberán ter como mínimo mobles de cociña e electrodomésticos básicos.
*Existirá un compromiso de permanecer durante tres anos neste programa. O contrato de arrendamento deberá ser por un ano podendo prorrogarse a tres.
Información: servicios sociais do concello de Vilasantar, 981778257, na páxina web www.vilasantar.gal
Novas
UN VERÁN DE CINE. CAMPAMEMTO URBANO
Dende o 1 ao 30 de agosto no local social de Vilasantar en horario de 10:00 a 14:00h. Para todos os nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello antes do 15 de xullo. (Imprescindible un grupo mínimo de 10)
Novas
BASES QUE REXIRÁN A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO/OPOSICIÓN, DUN/HA SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILASANTAR A 40 HORAS SEMANAIS COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL (3 meses)
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 17/06/2019 ás 14.30 Horas.
Novas
BASES QUE REXIRÁN A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO/OPOSICIÓN, DUN/HA SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILASANTAR A 40 HORAS SEMANAIS COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL (2 meses)
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 17/06/2019 ás 14.30 Horas.
Novas
CORRECCIÓN DE ERROS. BASES QUE REXIRÁN A CONVOCATORIA URXENTE DE CONCURSO OPOSICIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPROAL DE DOUS PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE A EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O ANO 2019 COFINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL.
Novas
BASES QUE REXIRÁN A CONVOCATORIA URXENTE DE CONCURSO OPOSICIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL MEDIANTE A EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O ANO 2019 COFINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 12/06/2019



