Novas
DECRETO DE APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, NOMEAMENTO TRIBUNAL E PROBA PRÁCTICA/ENTREVISTA NO PROCESO SELECTIVO POR OPOSICIÓN PARA 2 PEÓNS PARA O CONCELLO DE VILASANTAR SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE. PUBLICADO 23/05/2022
Proba Práctica Martes 24 de maio ás 09:30.
Novas
«O verán que queres contar». Campamentos de verán da Xunta de Galicia. Campaña de verán 2022. PUBLICADO 19/05/2022
Destinado a nados/as de 9 a 18 anos.
O prazo de presentación de solicitudes abre o 18 de maio de 2022.
Máis información en: http://xuventude.xunta.es/
Novas
DECRETO DE APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS, NOMEAMENTO TRIBUNAL E PROBA PRÁCTICA/ENTREVISTA PARA O PROCESO SELECTIVO DE TRABALLADOR/A SOCIAL PERSOAL LABORAL TEMPORAL A MEDIA XORNADA, POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN PARA A ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VILASANTAR E CREACIÓN DE BOLSA DE TRABALLO/LISTA DE RESERVA. PUBLICADO 13/05/2022
Novas
AVISO CORTE DE AUGA. PUBLICADO 02/05/2022
AVISO CORTE DE AUGA. Con motivo da limpeza do depósito de auga municipal de Présaras, o suministro verase interrumpido nas parroquias de Présaras, Vilariño e Armental, o xoves 12 de maio dende as 15:00 horas ata as 21:00 horas.
Novas
RECOLLIDA PLÁSTICOS AGRÍCOLAS. MÉRCORES 11 DE MAIO. PUBLICADO 02/05/2022
Ata o día 9 de maio de 2022 anotaranse os avisos para a recollida dos plásticos agrícolas, chamando ao Concello para anotarse (981 778 169)
O día 11 de maio de 2022 a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para os novos usos. Nese caso será rechazada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Ante calquer dúbida poden chamar ao Concello.
Novas
Decreto asinado lista definitiva, tribunal e entrevista para auxiliares de axuda no fogar. PUBLICADO 22/04/2022
Martes 26 de abril as 09:30 no Concello.



