Novas
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DANDO CONTA DA ACTA DO PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL-Concellos 2022 DE AXUDAS A CONTRATACIÓN PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL) COFINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL. PUBLICADO 28/03/2022
Novas
DECRETO DE APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, NOMEAMENTO TRIBUNAL E PROBA PRÁCTICA/ENTREVISTA PARA O PROCESO SELECTIVO PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL-Concellos 2022 DE AXUDAS A CONTRATACIÓN PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL) COFINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL. Publicado 25/03/2022
Novas
BASES CONVOCATORIA CONCURSO OPOSICIÓN PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2022. Publicado 22/03/2022
Publicada as bases para o proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 2 peóns para a realización de obras e servizos mínimos municipais do Concello de Vilasantar ao abeiro da subvención PEL CONCELLOS 2022 da Deputación Provincial da Coruña. O prazo de presentación da solicitudes é de dous días hábiles, fin 24/03/2022, anuncio no BOP nº 55 de 22/03/2022. As bases están a disposición dos/as interesados/as na páxina web municipal e no taboleiro de edictos do concello.
Novas
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS PROGRAMA PEL-CONCELLOS 2022 DO CONCELLO DE VILASANTAR. APERTURA DO PRAZO PRESENTACIÓN EN BREVE. Publicado 17/03/2022
Requisitos específicos:
1.- Ser persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e
2.- Atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
-Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes
-Maiores de 45 anos.
-Parados de longa duración.
-Persoas con discapacidade.
-Persoas en situación de drogodependencia.
-Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
-Persoas con fogar monoparental.
-Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
-Persoas vítimas de violencia de xénero.
-Persoas sen fogar.
Máis info nas oficinas do Concello.
Novas
INFORMACIÓN SOBRE A REDE CULTURAL DO ANO 2022. Publicado 15/03/2022
Ponse en coñecemento que o día 17 de xaneiro de 2022, no BOP nº 10 publícanse
as bases reguladoras do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña do
ano 2022.
O prazo de solicitude é dende o día 11 ao 22 de marzo de 2022 (as 14:00
horas).
Financiase o desenvolvemento de catro programas específicos:
- Escena ao vivo: programación profesional de teatro, monicreques, maxia e danza para
concellos - Visións: programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
- Alicerce: programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e
entidades sen ánimo de lucro. - Lingua a escena: espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos.
O período de realización dos espectáculos é durante todo o ano 2022 e ata o día
31 de marzo de 2023.
As entidades sen ánimo de lucro poden realizar a súa solicitude a través do
programa Alicerce, e só poden solicitar un espectáculo (música, danza ou teatro)
A cantidade de financiamento é a seguinte: - A Deputación financia o 75% do importe do espectáculo para concellos.
- A Deputación financia entre o 30% e o 50% do importe do espectáculo para o
caso de entidades.
A consulta dos espectáculos faise na páxina web da Deputación da Coruña,
www.dacoruna.ga l, dentro do apartado de Cultura e dentro deste en Rede Cultural.
Para facer a solicitude é preciso contar con certificado dixital e farase a través da
Subtel da Deputación da Coruña.
Mais información: Departamento de Cultura do Concello e no BOP do 17 de
xaneiro de 2022 (nº 10).
Novas
FOTOS ENTROIDO 2022. Publicado 28/02/2022
No apartado de GALERIA FOTOGRÁFICAS da web do Concello de Vilasantar xa se poden visualizar as fotos da xornada de disfraces do Concello que tivo lugar o sábado 26/02/2022.



