Novas
Campaña da neve Deputación da Coruña 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o 2 de decembro, para participar na Campaña da neve da Deputación da Coruña. Para anotarse, cómpre presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello de Vilasantar. O noso municipio conta con tres prazas correspondentes á primeira quenda, para desfrutar entre o 10 e 13 de xaneiro.
DESTINATARIOS: Nenos e nenas con empadroamento no Concello de Vilasantar, de 11 a 15 anos (inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024). Terá preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 euros. Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, Concello e «Campaña de neve 2025».
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
ATENCIÓN TELEFÓNICA: 981080319
EMAIL DE CONTACTO: deportes@dacoruna.gal
Máis información e descarga dos formularios: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/
actividades municipais, Novas
Xornadas de termalismo no Attica 21 de Vilalba
O Concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das «Xornadas de termalismo», no Attica 21 de Vilalba. Trátase dunha actividade para mellorar a saúde e a calidade de vida da veciñanza maior de 60 anos ou con minusvalía empadroada no noso municipio.
As prazas están limitadas a 30 por día e adxudicaranse por orde de anotación, non sendo posible escoller a data. Pódeste inscribir a partir do 11 de novembro chamando ao 981 77 82 57.
- 22 de novembro 2024: Présaras, Vilariño, Armental e San Vicente
- 29 de novembro 2024: Vilasantar, Armental, Mezonzo e Barbeito
As persoas participantes deben levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Novas
Un show de maxia de Cayetano Lledó, o mago de Luar!
Dende o Concello de Vilasantar presentamos o espectáculo «Un show de maxia de Cayetano Lledó, o mago de Luar!». Terá lugar o sábado, 9 de novembro, ás 18:00 horas, no local social de Vilasantar.
eventos
VI edición da ruta recolledora de cogomelos
Dende o Concello de Vilasantar organizamos a VI edición da ruta recolledora de cogomelos. Será o sábado, 26 de outubro. Sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 e percorreremos a contorna ata as 13:30. Iremos guiados por unha persoa experta en fungos e cogomelos.
A continuación, desprazarémonos ata o restaurante O Castiñeiro para degustar os froitos recollidos. A comida ten un custo de 15 euros por persoa, pero a ruta é gratuíta.
Para participar, anótate chamando ao 981 77 81 69 ata o 23 de outubro.
igualdade, Novas
15 de outubro | Día Internacional das Mulleres Rurais
A ONU escolleu o 15 de outubro para recoñecer e valorar o incansable labor no plano internacional das mulleres no ámbito rural. Nesta liña, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) reafirma o seu compromiso coa promoción da igualdade e o recoñecemento á dedicación e traballo realizado polas mulleres rurais.
Así pois, empoderar ás mulleres rurais é un ingrediente fundamental na loita pola igualdade. A pesar dos avances, continúan vixentes os roles e estereotipos de xénero, que relegan ademais ás mulleres rurais ao ámbito doméstico e familiar.
As mulleres rurais representan unha cuarta parte da poboación mundial, traballando como agricultoras, asalariadas e empresarias. Labran a terra e plantan as sementes que alimentan nacións enteiras. Son piar fundamental na xestión dos nosos recursos naturais, fortalecendo a economía das nosas comunidades e preservando o medio ambiente.
Estas mulleres foron e son esenciais para a supervivencia, prosperidade e fixación da poboación no ámbito rural, sendo estratéxicas na implantación de iniciativas innovadoras en distintos sectores económicos; especialmente na agricultura sostible, vital para as economías locais. Ademais, garanten a seguridade alimentaria das poboacións e axudan a preparar as comunidades fronte ao cambio climático.
Non obstante, pese ao seu rol crucial, gran parte das mulleres rurais afrontan importantes desafíos en termos de acceso a servizos esenciais, educación, atención sanitaria e oportunidades económicas. Así pois, encaran diariamente problemas como o acceso limitado a recursos, situacións de discriminación de xénero e unha maior carga de traballo non remunerado. A maiores, a falta de representación adecuada nos espazos de toma de decisións sigue a ser unha barreira estrutural significativa que limita o seu potencial.
Mundialmente, con poucas excepcións, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as mulleres rurais atópanse en peores condicións que os homes do campo e que las mulleres urbanas.
Por todo isto, dende os Gobernos locais comprometémonos a desenvolver as seguintes liñas de actuación:
- 1. Promover políticas que faciliten o acceso en igualdade a recursos e servizos para as mulleres rurais, asegurando a súa participación en igualdade na vida económica.
- 2. Estimular o equilibrio nos usos do tempo entre as mulleres e homes, xa que elas adican moito máis tempo ás tarefas de coidados familiares e domésticos.
- 3. Realizar iniciativas de emprendemento e apoiar as que fomenten a educación e formación profesional das mulleres no ámbito rural, garantindo que poidan liderar e beneficiarse de innovacións na agricultura e outros sectores rurais.
- 4. Colaborar con organizacións non gobernamentais e o sector privado, para dar voz ás necesidades específicas das mulleres rurais respecto aos servizos de atención sanitaria, educación e protección contra a violencia de xénero.
- 5. Promover programas de capacitación que permitan o acceso ás novas tecnoloxías, así como facilitar as ferramentas e o apoio á información e formación que facilite a participación no mundo dixital das mulleres no mundo rural.
Como Goberno local, animamos a todas as partes interesadas a sumarse a este compromiso, recoñecendo que o empoderamento da muller no ámbito rural non só é unha cuestión de xustiza social e equidade, senón un requisito indispensable para o desenvolvemento sostible. Solo xuntos e xuntas podemos asegurar que as voces das mulleres rurais sexan escoitadas e que os seus dereitos sexan plenamente recoñecidos e respectados.
Así mesmo, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), respalda o liderado e a participación das mulleres rurais á hora de deseñar leis, estratexias, políticas e programas en todos os temas que afectan ás súas vidas.
Neste día especial, a FEMP quere recoñecer o papel desempeñado polas mulleres rurais na nosa sociedade. A súa fortaleza, determinación e traballo continúan alimentando, cultivando e enriquecendo as nosas comunidades.
Comprometémonos a apoialas hoxe e sempre.



