Novas
Reunión informativa de permutas de especial interese agrario
Mércores, 12 de novembro, no local social de Vilariño ás 11:30 h.
actividades municipais, eventos, Novas
XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA
Saúde e calidade de vida. XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA.
- 7 de novembro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
- 14 de novembro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Número de prazas: 30 cada días
Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar.
As prazas adxudicaranse por orde de anotación.
Non se poderá escoller a data.
Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.


Novas, sostibilidade
Restrición do uso da auga municipal para consumo humano
A consecuencia da situación climatolóxica, os depósitos municipais de auga non recuperan o nivel ao ritmo desexado e as fontes e ríos van a menos. Por este motivo, vémonos na obriga de restrinxir o uso da auga municipal só para consumo humano, prohibíndose regas, baldeos, limpezas, enchido de piscinas e demais usos prescindibles.
Lembramos á veciñanza que teña recibos pendentes de aboar a obriga de regularizar a situación para seguir contando co servizo. Así mesmo, infórmase que están totalmente prohibidos os enganches e usos sen a alta e previa autorización do concello.
Novas, sostibilidade, Xestión de residuos
ACTUALIZACIÓN: Recollida de plásticos agrícolas
Por motivos alleos ao Concello de Vilasantar, cámbiase a data da recollida de plásticos agrícolas que estaba prevista para o 11 de setembro. A nova data é o 6 de outubro, polo tanto poden anotarse chamando ao 981 778 169 ata o 1 de outubro.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Novas
Recollida de obxectos voluminosos
O día 31 de xullo de 2025 está prevista a recollida de obxectos voluminosos. Toda a veciñanza que queira tirar algún tipo de residuo voluminoso ten que chamar ao Concello de Vilasantar no 981 778 169 ata o día 29 de xullo.
Lembramos que está prohibido tirar calquera tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando se notificara ao Concello e se conte coa autorización deste.
Novas
Comunicado en relación aos problemas de cobertura en Vilasantar
Dende o Concello de Vilasantar contactamos coas operadoras e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital sobre os problemas de cobertura que sufrimos no noso municipio. Indicáronos que as persoas afectadas deben reclamar individualmente, primeiro ante a operadora e despois ante o Ministerio.
Seguindo instrucións da Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ante a existencia de interrupcións, avarías e/ou a falta de cobertura no servizo telefónico que existe en Vilasantar, as persoas usuarias deben presentar, de xeito individual, unha reclamación por cada persoa afectada.
Segundo a Lei 11/2022, de 29 de xuño (art. 78), poden presentar reclamación ante esta Oficina as persoas físicas, incluíndo autónomas e microempresas. Para iso, é preciso que a persoa usuaria reclamara previamente ante o seu operador. Se a resposta non fora satisfactoria ou non recibira contestación no prazo dun mes, as persoas usuarias teñen dereito a reclamar ante a Oficina de Atención o Usuario de Telecomunicacións no prazo de 3 meses.
Para facilitar o proceso, deixamos o formulario de reclamación, que se pode presentar telematicamente ou imprimir, cumprimentar e presentalo no rexistro de calquera administración pública.
Contido mínimo da reclamación:
- Nome completo, DNI, domicilio para notificacións, domicilio/lugar afectado, operador ao que reclama, feitos e razóns que considere, lugar data e sinatura.
- Dirixido a: Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.
Máis información: https://usuariosteleco.digital.gob.es/reclamaciones/telefonia-e-internet



