actividades municipais
Curso de defensa persoal para mulleres ante situacións violentas
O Método+Más é unha metodoloxía de defensa persoal feminina para aprender a empregar o corpo e a mente contra as ameazas do día a día. Non so busca ensinar ás mulleres a defenderse, senón tamén axudar a recoñecer os sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco.
- Sábados 15 e 22 de febreiro.
- De 10:00 a 14:00 h.
- Local social de Présaras.
Para mulleres a partir de 16 anos. As menores deben contar coa autorización do pai/nai/titor/titora. Actividade gratuíta.
Anótate chamando ao 981 77 82 57 ata o 13 de febreiro️
Cursos
Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas
Dentro do marco da reivindicación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no Concello de Vilasantar organizamos un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Estará monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
- Local social de Vilasantar
- 11 e 13 de decembro 2023
- de 16:00 a 20:00 h
Inscríbete xa chamando ao 981 778 257.
Cultura, eventos
«Feminíssimas»: teatro para rematar coa violencia contra as mulleres
En Vilasantar adiantámonos ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa programación de «Feminíssimas», de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.
Tres amigas que entenden o feminismo de xeitos distintos atópanse tras anos nun congreso feminista. Este é o punto de partida de «Feminíssimas», unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade.
- Sábado 11 de novembro
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar
igualdade, Novas
? Manifesto do Concello de Vilasantar polo Día Internacional da Muller ?
Dende fai anos, cada 8 de marzo conmemoramos a loita das mulleres pola igualdade real de xéneros, pola súa liberdade para desenvolverse como persoas individuais e a participación feminina en todas as esferas da sociedade, a economía e a política. Un ano máis, o Concello de Vilasantar celebra cada avance en prol da igualdade entre homes e mulleres e nos comprometemos a seguir traballando para facela posible.
O Día Internacional da Muller é unha xornada para festexar todo o camiño percorrido, todos os avances logrados, pero tamén para fixar novos obxectivos que faciliten esa tan ansiada igualdade real. Somos moi conscientes de que o esforzo das mulleres por reivindicar o seu valioso rol nos espazos públicos e privados debe ir da man do esforzo institucional, e na administración local contan cunha aliada incondicional. Non en balde, das 29 persoas que conforman o persoal do noso concello, 26 son mulleres.
Vilasantar é un concello rural, onde as mulleres son un piar fundamental en cada faceta. Nos traballos da agricultura e gandaría, nas empresas, nos coidados, na educación, na administración, en cada unha das nosas casas… As mulleres son o sostén da sociedade e é o noso deber apoialas en cada emprenda que acometan.
A loita pola igualdade real entre homes e mulleres é cousa de todos e todas, e o Concello de Vilasantar, como entidade local e máis próxima a cada familia, porá todo da súa parte para lograr acabar con cada discriminación e desigualdade e gozar dunha sociedade na que cada muller e cada home, cada nena e cada neno, teñan as mesmas oportunidades.
Hoxe, 8 de marzo de 2023, e cada día de cada ano, dende o Concello de Vilasantar loitaremos pola igualdade e apoiaremos ás nosas mulleres e nenas no camiño que percorremos todas e todos da man.