eventos, Novas
Campamento de Entroido en Vilasantar
Xa se pode preinscribir aos nenos e nenas de 3 a 12 anos para o campamento de Entroido. Preinscrición aberta ata o 8 de febreiro.
O campamento terá lugar os días 12 e 14 de febreiro, de 10.00 a 14.00 h, no CEIP de Présaras.
As prazas asignaranse por orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas empadroados. As follas de inscrición pódense entregar en dependencias municipais ou na sede electrónica do Concello de Vilasantar.
Máis información: 981 77 82 57
Novas, sostibilidade
Vilasantar súmase á campaña LIBERA1m2
Dende o Concello de Vilasantar volvémonos organizar para loitar contra a «basuraleza»!
A «basuraleza» é o termo para definir o lixo que atopamos na natureza, refugallos que restan beleza e contaminan a nosa contorna. Dende o Concello queremos dar exemplo e animar á veciñanza a xuntarnos unha mañá, devolver o resplendor a un anaco da nosa contorna natural e aprender sobre separación de residuos.
Anota!
- Sábado, 9 de marzo
- Ponte do Sapo
- 10:00 h
#LIBERA1m2 #basuraleza #ProyectoLIBERA
Novas
Parcelaria de San Salvador de Barbeito: data límite para solicitar cambio de titularidade
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través directora xeral de Desenvolvemento Rural, emitiu un anuncio ditando resolucion segundo o previsto no artigo 41.3, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial de Galicia (modificado pola Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas). Nesta acórdase establecer como data límite para solicitar os cambios de titularidade por falecemento do titular dos predios de substitución na zona da concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito o 26 de xaneiro de 2024.
O cambio de titularidade tramitarase sempre e cando exista participación de herdanza e esta afecte a predios de substitución íntegros. En todo caso, a persoa titular adquirente quedará subrogada na posición da anterior persoa titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.
Novas
Aberta a preinscrición para o campamento de Nadal
Un ano máis, dende o Concello de Vilasantar organizamos un campamento de Nadal para axudar á conciliación. Dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, de 10:00 a 14:00 h, todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos poderán desfrutar de actividades no CEIP de Présaras.
A preinscrición estará aberta ata o 21 de decembro e as prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade ás crianzas empadroadas no Concello de Vilasantar. As follas de inscrición pódense entregar nas dependencias municipais ou na Sede Electrónica do Concello de Vilasantar.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de existir lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo. Recomendamos levar auga e un aperitivo saudable para tomar a media mañá.
Máis información no 981 77 82 57.
Cultura, Novas
Maxia e espectáculo para adiantarnos ao Nadal en Vilasantar
«Especial Nadal», un show de Cayetano Lledó, chega a Vilasantar! Un espectáculo para facer as ledicias de todas as idades. Anota!
- Sábado, 16 de decembro.
- 18:00 h.
- Local social de Vilasantar.
Novas
ITV agrícola en Vilasantar
Se tes vehículos agrarios que precisan pasar a ITV, pide cita chamando ao 902 30 90 00 ou na sección de cita previa da web www.sycitv.com.
- 30 de xaneiro de 2024: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
- 31 de xaneiro de 2024: de 9:00 a 13:30 h.
Explanada diante da igrexa de Barbeito.
Axudas, Novas
Axudas para a creación dun novo establecemento turístico na contorna do Camiño de Santiago
Para establecemento hoteleiro, apartamento, vivenda turística, establecemento de turismo rural, albergue turístico, restaurante, cafetería ou bar.
Fin de prazo de solicitude: 18 de marzo de 2024
Poden solicitar estas axudas pequenas, medianas e grandes empresas para dous tipos de proxectos:
- Proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística:
A realizar nunha infraestrutura emblemática do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico: castelos, ermidas, capelas, casas reitorais, centros de ensino, edificios privados rurais ou urbanos anteriores a 1803, edificios relevantes da arquitectura, obras públicas, outras construcións construídas antes de 1901, hórreos, batáns, muíños talleres artesanais… Deben cumprir polo menos dúas das seguintes condicións:
– Creación mínima de 5 postos de traballo directos.
– Contribuír a dinamizar economicamente a zona.
– Promover o turismo sustentable (produtos ecolóxicos, reciclaxe…).
Contía da axuda: 35 % pequenas empresas / 25 % medianas empresas / 15 % grandes empresas. - Proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural (contorna do Camiño de Santiago):
A realizar nun edificio inscrito no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia (BIC) poñéndoo en valor coa mellora ou rehabilitación do edificio e dedicar o 80% a fins culturais (horario, visitas, actividades culturais para a posta en valor).
Axuda máxima dun 80 % dos custos subvencionables ata o máximo de 2.200.000 € por proxecto.
Pódense solicitar ata 3 liñas de gasto subvencionable para cada proxecto:
– Liña 1: Proxectos de reforma e rehabilitación sustentable de edificacións (materiais de baixo impacto ambiental) e equipamento necesario. (Non subvencionan: decoración e enxoval).
– Liña 2: Actuacións de mellora de eficiencia enerxética: sistemas de climatización, envolvente térmica (fachada, tellado…), iluminación instalación/substitución e equipamentos para a produción de enerxía renovable (enerxía solar térmica, biomasa, aerotermia, xeotermia e enerxía fotovoltaica).
– Liña 3: Actuacións (obras e reforma) para mellora da accesibilidade, estruturais e
equipamento, que permitan a accesibilidade e mobilidade das persoas con diversidade funcional.
Proxecto: no caso dos concellos no trazado do Camiño de Santiago, subvenciónase a redacción do proxecto ata o 3% do investimento cun máximo de 10.000€.
O importe mínimo será de 300.000€ de investimento para as tres liñas. O período de execución remata o 31 de outubro de 2025.
Non serán subvencionables: autorizacións, taxas, seguros, custos financeiros, IVE…
Máis info:
Axencia Turismo de Galicia – Dirección de Competitividade – Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
981547405/ 981546360
fomento.turismo@xunta.gal
TU503H
DOG nº 219 17/11/2023



