Novas
Campaña da neve Deputación da Coruña 2025
Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o 2 de decembro, para participar na Campaña da neve da Deputación da Coruña. Para anotarse, cómpre presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello de Vilasantar. O noso municipio conta con tres prazas correspondentes á primeira quenda, para desfrutar entre o 10 e 13 de xaneiro.
DESTINATARIOS: Nenos e nenas con empadroamento no Concello de Vilasantar, de 11 a 15 anos (inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024). Terá preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 euros. Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome da persoa participante, Concello e «Campaña de neve 2025».
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
ATENCIÓN TELEFÓNICA: 981080319
EMAIL DE CONTACTO: deportes@dacoruna.gal
Máis información e descarga dos formularios: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/
actividades municipais, Novas
Xornadas de termalismo no Attica 21 de Vilalba
O Concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das «Xornadas de termalismo», no Attica 21 de Vilalba. Trátase dunha actividade para mellorar a saúde e a calidade de vida da veciñanza maior de 60 anos ou con minusvalía empadroada no noso municipio.
As prazas están limitadas a 30 por día e adxudicaranse por orde de anotación, non sendo posible escoller a data. Pódeste inscribir a partir do 11 de novembro chamando ao 981 77 82 57.
- 22 de novembro 2024: Présaras, Vilariño, Armental e San Vicente
- 29 de novembro 2024: Vilasantar, Armental, Mezonzo e Barbeito
As persoas participantes deben levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Novas
Un show de maxia de Cayetano Lledó, o mago de Luar!
Dende o Concello de Vilasantar presentamos o espectáculo «Un show de maxia de Cayetano Lledó, o mago de Luar!». Terá lugar o sábado, 9 de novembro, ás 18:00 horas, no local social de Vilasantar.
eventos
VI edición da ruta recolledora de cogomelos
Dende o Concello de Vilasantar organizamos a VI edición da ruta recolledora de cogomelos. Será o sábado, 26 de outubro. Sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 e percorreremos a contorna ata as 13:30. Iremos guiados por unha persoa experta en fungos e cogomelos.
A continuación, desprazarémonos ata o restaurante O Castiñeiro para degustar os froitos recollidos. A comida ten un custo de 15 euros por persoa, pero a ruta é gratuíta.
Para participar, anótate chamando ao 981 77 81 69 ata o 23 de outubro.
igualdade, Novas
15 de outubro | Día Internacional das Mulleres Rurais
A ONU escolleu o 15 de outubro para recoñecer e valorar o incansable labor no plano internacional das mulleres no ámbito rural. Nesta liña, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) reafirma o seu compromiso coa promoción da igualdade e o recoñecemento á dedicación e traballo realizado polas mulleres rurais.
Así pois, empoderar ás mulleres rurais é un ingrediente fundamental na loita pola igualdade. A pesar dos avances, continúan vixentes os roles e estereotipos de xénero, que relegan ademais ás mulleres rurais ao ámbito doméstico e familiar.
As mulleres rurais representan unha cuarta parte da poboación mundial, traballando como agricultoras, asalariadas e empresarias. Labran a terra e plantan as sementes que alimentan nacións enteiras. Son piar fundamental na xestión dos nosos recursos naturais, fortalecendo a economía das nosas comunidades e preservando o medio ambiente.
Estas mulleres foron e son esenciais para a supervivencia, prosperidade e fixación da poboación no ámbito rural, sendo estratéxicas na implantación de iniciativas innovadoras en distintos sectores económicos; especialmente na agricultura sostible, vital para as economías locais. Ademais, garanten a seguridade alimentaria das poboacións e axudan a preparar as comunidades fronte ao cambio climático.
Non obstante, pese ao seu rol crucial, gran parte das mulleres rurais afrontan importantes desafíos en termos de acceso a servizos esenciais, educación, atención sanitaria e oportunidades económicas. Así pois, encaran diariamente problemas como o acceso limitado a recursos, situacións de discriminación de xénero e unha maior carga de traballo non remunerado. A maiores, a falta de representación adecuada nos espazos de toma de decisións sigue a ser unha barreira estrutural significativa que limita o seu potencial.
Mundialmente, con poucas excepcións, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as mulleres rurais atópanse en peores condicións que os homes do campo e que las mulleres urbanas.
Por todo isto, dende os Gobernos locais comprometémonos a desenvolver as seguintes liñas de actuación:
- 1. Promover políticas que faciliten o acceso en igualdade a recursos e servizos para as mulleres rurais, asegurando a súa participación en igualdade na vida económica.
- 2. Estimular o equilibrio nos usos do tempo entre as mulleres e homes, xa que elas adican moito máis tempo ás tarefas de coidados familiares e domésticos.
- 3. Realizar iniciativas de emprendemento e apoiar as que fomenten a educación e formación profesional das mulleres no ámbito rural, garantindo que poidan liderar e beneficiarse de innovacións na agricultura e outros sectores rurais.
- 4. Colaborar con organizacións non gobernamentais e o sector privado, para dar voz ás necesidades específicas das mulleres rurais respecto aos servizos de atención sanitaria, educación e protección contra a violencia de xénero.
- 5. Promover programas de capacitación que permitan o acceso ás novas tecnoloxías, así como facilitar as ferramentas e o apoio á información e formación que facilite a participación no mundo dixital das mulleres no mundo rural.
Como Goberno local, animamos a todas as partes interesadas a sumarse a este compromiso, recoñecendo que o empoderamento da muller no ámbito rural non só é unha cuestión de xustiza social e equidade, senón un requisito indispensable para o desenvolvemento sostible. Solo xuntos e xuntas podemos asegurar que as voces das mulleres rurais sexan escoitadas e que os seus dereitos sexan plenamente recoñecidos e respectados.
Así mesmo, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), respalda o liderado e a participación das mulleres rurais á hora de deseñar leis, estratexias, políticas e programas en todos os temas que afectan ás súas vidas.
Neste día especial, a FEMP quere recoñecer o papel desempeñado polas mulleres rurais na nosa sociedade. A súa fortaleza, determinación e traballo continúan alimentando, cultivando e enriquecendo as nosas comunidades.
Comprometémonos a apoialas hoxe e sempre.
sostibilidade, Xestión de residuos
Recollida de plásticos agrícolas
O día 10 de outubro de 2024 a empresa encargada fará a recollida dos plásticos agrícolas. Para facer uso deste servizo é imprescindible anotarse ata o día 8 de outubro de 2024, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida. Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello de Vilasantar: 981 778 169
Axudas
Axudas da Deputación da Coruña para o financiamento das cotas sociais do emprego autónomo
Resolución número 2024/37000, do 17 de setembro do 2024, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas en 2024 destinadas a apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas socias de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade.
Persoas beneficiaria: persoas autónomas con un mínimo de cinco anos de actividade que non reciban outras axudas publicas para o pagocdas súas cotas sociais.
Obxecto: sufragar ás persoas autónomas parte das cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social que cumpran os requisitos.
Bases reguladoras: ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña. Bases xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2024. Bases específicas do programa de axudas destinadas ao apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas socias de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade.
Contía: 2.600.000 euros
Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 25 de outubro de 2024, ás 14:00 horas.
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/786707
actividades municipais
Actividades municipais do Concello de Vilasantar para o curso 2024-2025
Xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades municipais do Concello de Vilasantar do curso 2024-2025. Ximnasia de mantemento, patinaxe, bádminton, pilates, informática, taller de memoria, multideporte…
Tes toda a información dos horarios e detalles, ademais da folla de inscrición para as actividades da infancia e xuventude, no díptico que podes descargar no botón situado enriba deste texto.
Lembra que está aberto o prazo de inscrición ata o 25 de setembro, nas dependencias municipais ou na Sede Electrónica do Concello de Vilasantar.
Axudas
Axudas para entidades sen ánimo de lucro: investimentos de promoción económica 2024 da Deputación da Coruña
BOP nº 167 do 30 de agosto do 2024 e BOP nº 171 do 5 de setembro de 2024
Obxecto: Investimentos que contribúan á participación e estimulación da cohesión social, potencien condutas cívicas, favorezan a integración, loiten contra o despoboamento rural e melloren a calidade de vida das persoas.
Destinatarios: Entidades sen ánimo de lucro
- Asociacións veciñais: Obras ou equipamentos de interese xeral: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública, reforma e mellora de inmobles da súa titularidade, adecuación dos locais para mellorar a accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de
mobiliario ou equipamento informático, etc. - Asociacións de mulleres: reforma e mellora de inmobles da súa titularidade, adecuación dos locais para mellorar a accesibilidade, instalación e equipamento contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalacións eléctricas, adquisición de mobiliario ou equipamento informático, compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade, etc.
- Comunidades de usuarios de augas: execución de obras ou equipamentos relativas ao saneamento e abastecemento de auga.
Importe máximo de subvención: 80% do orzamento solicitado (mínimo 1.000 € e máximo 28.000 €); orzamento mínimo a solicitar 1.200 € e máximo 35.000 €.
Valoración das solicitudes en función do coeficiente de financiamento por parte da asociación, do número de socias e socios, do impacto da proposta na loita contra a despoboación no rural e o seu impacto social.
Prazo solicitude: do 9 de setembro de 2024 (08:00 horas) ata o 30 de setembro de 2024 (14:00 horas), a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial da Coruña.
eventos
Sendeirismo pola ruta dos muíños
Xoves, 22 de agosto.
Saída ás 10:00 h do Batán de Mezonzo. Iremos ata a ponte da Gándara e voltaremos ao batán ás 12:00 h. Recoméndase levar auga e un petisco.
Anotarse chamando ao 981 77 81 69.



