obras
A reordenación da travesía de Sesmonde sométese a información pública
Aprobado provisionalmente o proxecto de trazado «Reordenación de accesos na estrada N-634 PP.KK. 675+500 al 676+250. Tramo: Travesía de Sesmonde», cun orzamento base de licitación de 1.141.299,55 €; declarada a urxencia do proxecto.
Sométese a información pública ata o 20 de agosto, informando dos detalles do proxecto e a relación individualizada dos bens e dereitos afectados en termos de expropiación.
A documentación está exposta ao público nos días hábiles e en horario de oficina no taboeiro de anuncios do Concello de Vilasantar e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia. As alegacións poderanse presentar por escrito ou por calquera dos medios sinalados no artigo 15 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e deberán ser dirixidas á Demarcación.
Tamén se pode consultar a documentación na sede electrónica do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible: https://www.transportes.gob.es/el-ministerio/buscador-participacion-publica
Dende o Concello de Vilasantar presentaremos así mesmo as alegacións que se estimen pertinentes.
Novas
Manifesto do Día Internacional contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas
Conmemoramos hoxe una nova edición do Día Internacional contra a Droga.
Un chamamento para crear conciencia sobre un problema que nos afecta a todos e unha data singular para reflexionar sobre un dos principais desafíos de saúde pública e seguridade das sociedades contemporáneas, que afecta as vidas de millóns de persoas. Un problema capital ao que con todo non préstaselle a atención que merece.
Nun tempo no que parece haber máis droga que nunca nas nosas rúas, as estatísticas, os índices de tráfico e consumo son desalentadores. O peor é que detrás das estatísticas, dos números, hai persoas. Persoas que loitan contra a súa adicción, familias que sofren, comunidades e sociedades enteiras que ven comprometida a saúde, a seguridade e o benestar de todos.
Por iso é necesario que o narcotráfico e as drogas entren na axenda política. Pero non para enfrontarse, senón para acordar. Estamos ante unha cuestión de estado, que debe ser de interese público. E atopámonos nun momento especialmente delicado por un dobre motivo.
En primeiro lugar, polo cariz que está a tomar narcotráfico no noso país, con cifras marca de entrada de drogas, asentamento de mafias internacionais e unha violencia que ameaza con desbocarse. Algo que sufrimos especialmente en comunidades como Galicia e Andalucía, dúas dos principais destinos para a chegada de cargamentos de drogas con destino a media Europa.
A consecuencia é que agora mesmo adquirir calquera substancia para consumo é tan sinxelo como saír de compras; está dispoñible, é abundante e moi barata. A causa é a avalancha de drogas que chegan ás nosas costas e tamén a impunidade dalgúns. Vemos con asombro e indignación case diaria a decenas de embarcacións desafiando á autoridade nos nosos portos, mesmo nos nosos ríos, comprometendo a seguridade de todos e exhibindo unha impunidade que non debemos tolerar e fronte á que é forzoso reaccionar de xeito contundente.
Mentres tanto a Policía, Guardia Civil ou Vixilancia Aduaneira -a quen felicitamos polo seu excelente labor- traballan con medios escasos e dificultades cada vez maiores. E cos xulgados empantanados, sen recursos para atender a súa enorme carga de traballo. En definitiva, con medios moi por baixo do perigo e a ameaza que enfrontamos. É momento -dunha vez por todas- de tomar decisións valentes e dar á loita antidroga a máxima prioridade e os medios que merece, solicitando tamén o apoio e os medios necesarios por parte da Unión Europea, directamente afectada por esta avalancha. Actuemos antes de que sexa demasiado tarde.
En segundo lugar, debemos reaccionar como sociedade ante niveis de consumo e adiccións altamente preocupantes e totalmente banalizados porque en determinados ámbitos é común o pensamento de que consumir drogas é “divertido” e ademais, “non pasa nada”. Construímos un erro colosal ao redor destas crenzas que debemos empezar a resolver de xeito urxente. Porque a realidade é moi distinta, con repercusións evidentes sobre a saúde física e mental das persoas, danos que poden ser moi severos e que esnaquizan vidas.
De feito -e a pesar dos últimos datos de tendencia positiva que esperamos sigan mellorando- todas as fins de semana seguimos tendo a miles de mozos e menores bebendo na rúa litros de alcol, tamén en festas e concertos…sen que aparentemente ninguén faga nada por evitalo. Moitos deles e elas están a desenvolver unha adicción que posiblemente lles acompañe toda a súa vida.
Debemos tamén sinalar a estreita relación sobradamente demostrada entre o consumo de drogas e accidentes mortais de tráfico, ou o consumo de determinadas substancias e lamentables episodios de violencia extrema.
Resulta evidente que non podemos limitarnos a reflexionar. Convén reaccionar canto antes con decisión e medidas concretas. A primeira é a que propón a ONU: investir e innovar en Prevención para desnormalizar o consumo e promover estilos de lecer que non teñan como actividade principal o atracón de alcol e outras drogas. Un traballo que debemos realizar xuntos e de forma intensa. Persoas, familias, profesionais, entidades e administracións. Todos.
E tan importante como a prevención debe ser a asistencia, a axuda, a plena recuperación e reintegración das vítimas. Neste día queremos poñer a mirada nelas e nas súas familias, animándolles a superar a súa adicción. Poñendo en valor a súa loita e a súa capacidade para levantarse e refacer a súa vida.
Debemos lembrar que as persoas adictas non son delincuentes, son persoas enfermas, en ocasións cunha dobre patoloxía aditiva e mental. Quen desenvolve unha adicción adoitan ser máis sensibles emocional e socialmente, menos resilientes, por conseguinte, máis vulnerables a situacións que se producen na familia, na escola, na comunidade.
Hoxe, día internacional, invitamos a pedir axuda a quen sofre un problema de adiccións. É posible saír e desfrutar dunha vida plena. Que este día internacional sexa o primeiro da súa recuperación.
Este manifesto finaliza cunha chamada á acción. É tempo de actuar unidos e de forma decidida; sen alarmismos pero coa certeza de que se non facemos o necesario a situación pódesenos ir definitivamente das mans.
Vigo / Algeciras, 26 de xuño de 2026
Novas
Piscina municipal Vilasantar 2026
A piscina municipal de Vilsantar abrirá as súas portas o 1 de xullo e permanecerá aberta ata o último día de agosto, en horario de 13 h a 21 h. Coma sempre, o acceso será de balde e haberá que cumprir coa normativa que podedes consultar nas instalacións.
actividades municipais, eventos
Día da bici 2026
Dende o Concello de Vilasantar organizamos unha xornada para gozar do deporte, da natureza e da comunidade co Día da bici.
O 18 de xullo reunirémonos ás 10.30 diante da casa consistorial. Ás 11 h sairemos para realizar un percorrido para toda a familia, de 8 km de distancia aproximada. Por suposto, debemos gardar as normas de seguridade e é obrigatorio levar casco.
A continuación, realizaremos un sorteo de material deportivo entre ciclistas participantes do evento.
Inscríbete ata o día 30 de xuño entregando en dependencias municipais a folla de inscrición que podes descargar no botón de abaixo (tamén estarán dispoñibles nas oficinas do consistorio).
actividades municipais, eventos, Novas
Excursión para maiores de 60 anos
Se tes 60 anos ou máis, xa te podes anotar para a excursión para maiores que organizamos dende o Concello de Vilsantar!
Será o 2 de xullo e os buses farán recollida de pasaxeiros polas parroquias a partir das 8 am. Este ano visitaremos o Concello de Muros e de Muxía, con visitas guiadas, e xantaremos no Concello de Cee. O menú terá un custe de 27,50 euros e pedimos por favor que se leve o importe exacto para facilitar o pago no restaurante.
A maiores, faranse paradas intermedias en lugares de interese.
Anótate ata o 25 de xuño chamando ao 981 77 82 57.
Axudas, Novas
Solidariedade con Manolo de Tamou
O martes 2 de xuño de 2026, ás 5:30 am, sucedeu unha desgraza nun fogar de Vilasantar. Un incendio en plena noite que reduciu a cinzas a casa de Manolo de Tamou e da súa filla. Por sorte, eles puideron fuxir das lapas e salvar a vida, pero a súa casa e todas as súas pertenzas foron consumidas polo lume.
Dende o Concello de Vilasantar iniciamos un protocolo de emerxencia social e veciños e veciñas están mostrando a súa solidariedade con esta familia, que ademais perderon á súa mascota no terrible incendio.
Agora mesmo só podemos apoialos co noso ánimo e axudas económicas para que poidan recuperar pouco a pouco a normalidade.
Por eso, a maiores do apoio que lle prestamos dende o Concello de Vilasantar, compartimos un número de conta para que a veciñanza que queira mostrar a súa solidariedade con esta familia poida facer unha doazón directa se o considera oportuno.
Nº de conta ABANCA: ES6220800024183040030708
Titular: Manuel Fernández López
Concepto: Donativo solidario
Cada gran de area suma nun momento tan angustioso e, pese a que Manolo cre que hai persoas que poidan precisar máis desta axuda, nós consideramos que sempre estaremos para apoiar a un veciño.
actividades municipais, conciliación
XII Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños
Xa está aberta a preinscrición para o XII Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños. Podes inscribir ao teu neno ou nena ata o 19 de xuño.
As prazas son limitadas e terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas, a non empadroada terá acceso por orde de inscrición.
- Para nenos e nenas nados entre 2012 e 2017, ambos anos incluídos.
- Xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Na área recreativa O Roseo
A rapazada realizará actividades na natureza, sendeirismo, multideporte, xogos… Deben levar roupa cómoda, mochila equipada para piscina, aperitivo e auga.
actividades municipais, conciliación
Campamento de verán no CEIP de Présaras 2026
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de verán de Vilasantar. Podes anotar ao teu pequeno ou pequena ata o 19 de xuño.
- Nenos e nenas de 3 a 14 anos. Terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas libres, outorgaranse por orde de inscrición.
- Do 232de xuño ao 29 de agosto.
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, no colexio de Présaras.
O campamento de verán é unha actividade gratuíta que o Concello ofrece como apoio á conciliación ás familias na época de verán.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de haber lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo.
Máis información no 981 77 81 69
Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade a través do plan Corresponsables.
Axudas
Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias
Convocatoria:
Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
Obxectivos:
Axudas destinadas a acelerar a modernización dos equipamentos e o uso de tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxeticamente.
Entidades beneficiarias:
Titulares/cotitulares de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser persoa agricultora moza que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e ao ambiente.
Gastos subvencionables:
a) Máquinas relacionadas coa xestión eficiente de estercos e xurros. A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns non se considera elixible.
b) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de fertilizantes.
c) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de produtos fitosanitarios.
d) Maquinaria agrícola que optimice a xestión de recursos:
a. Carro mesturador con análise NIR da ración.
b. Tractor con clasificación enerxética A.
c. Robot.
e) Compoñente de agricultura de precisión para a adaptación de equipamentos na explotación:
a. Kit de adaptación ISOBUS.
b. Sensor NIR.
c. Sistema de adaptación de máquinas para traballo variable.
d. Sistema de autoguiado.
f) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Contía da subvención:
- O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75% en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza.
b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10 % no caso de investimentos en explotación de agricultura ecolóxica.
d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller.
No caso de investimentos en explotación intensiva, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base. - O investimento mínimo elixible establécese en 12.500 euros.
- A contía máxima da axuda establécese en 100.000 euros.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 22/05/2026 – 22/06/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Cultura, Novas
Declaración institucional FEGAMP polo Día das Letras Galegas 2026
A Federación Galega de Municipios y Provincias (FEGAMP) conmemora e celebra o Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2026 compartindo o recoñecemento público á Begoña Caamaño, xornalista e escritora, cunha vida e obra profundamente marcadas polo seu compromiso local, feminista e social.
A FEGAMP celebra dedicarlle o Día das Letras Galegas a unha persoa cunha clara influencia local, moi vinculada as súas dúas cidades vitais: Vigo e Santiago de Compostela.
Nada en Vigo en 1964, Begoña Caamaño comezou alí a súa traxectoria profesional como xornalista, deixando unha pegada indeleble desde os seus inicios en Radio Popular e Radio do Noroeste, ata a súa definitiva incorporación á Radio Galega en 1989.
Catro ano despois proseguiu o seu labor na Radio Galega xa dende Santiago de Compostela ata 2012, sendo unha gran defensora dos medios públicos galegos e do súa función de proporcionar á cidadanía información e contidos precisos para poder decidir con liberdade e responsabilidade. Defendeu unha información de calidade e condicións laborais xustas, sendo a presidenta do Comité Interempresas da CRTVG de 2000 a 2003.
Como escritora, Begoña Caamaño destacou polo seu innovador labor nas súas novelas, «Circe ou o pracer do azul» (2009) e «Morgana en Esmelle» (2012), que foron pioneiras na reinterpretación feminista dos mitos.
Coa súa homenaxe, Begoña Caamaño convértese na sétima muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas, despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Vitoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta.
Na conmemoración do Día das Letras Galegas, a FEGAMP atende o seu obxectivo de promover a cultura e a lingua galega no marco das competencias que o ordenamento xurídico lles atribúe ás corporacións locais de Galicia.
Historicamente, o municipalismo galego tivo un protagonismo decisivo na reivindicación do galego e na defensa da súa extensión social, participando activamente, xa en democracia, na “Declaración do Hostal dos Reis Católicos”, subscrita en 1984, en Santiago de Compostela, por 184 alcaldías de todas as tendencias políticas e de todos os puntos da xeografía galega. Defendían a implantación do galego nas administracións públicas en Galicia, tanto no seu uso, como no seu coñecemento para o acceso ao emprego público.
Na actualidade, a FEGAMP, da que forman parte todos os concellos galegos e as catro deputacións provinciais, segue a defender a vixencia e a extensión do galego e potenciando a súa presencia nas novas canles derivadas do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Por mil primaveras máis para o galego.



